sábado, 25 de febrero de 2012

Jorge Cubela, Alcalde do Concello de Cotobade, asume con ilusión a creación dun Consorcio xunto a Campo Lameiro, Cerdedo e Forcarei.

Asegura “que xa se escinificou o primeiro grande éxito da colaboración dos 4 concellos na petición conxunta para a reanudación das obras do Socavón, un problema afectado a 4 concellos dependentes da N-541”.

O Concello de Cotobade participará na creación dun Consorcio xunto ós concellos limítrofes de Campo Lameiro, Cerdedo e Forcarei. O Alcalde de Cotobade, Jorge Cubela asegura “que a intención deste consorcio é loitar polos nosos pobos, buscando a colaboración coas distintas administracións para a prestación de servizos ós nosos veciños e de infraestructuras conxuntas que nos fagan medrar”.

Cubela agradece ademais ó resto de alcaldes a axuda e o apoio que lle veñen prestando para apoiar a Cotobade ante reclamacións tan xustas como foi a petición conxunta da reanudación, un mes despois de ser nomeada Ministra de Fomento Ana Pastor, das obras no Socavón da Vergoña, o primeiro grande éxito da colaboracións dos 4 alcaldes impulsores do consorcio e que tivo a Cotobade como epicentro deste primeiro gran éxito conxunto”.

O Alcalde de Cotobade xa manifestara no seu discurso de investidura o pasado 11 de xuño “que buscaría puntos de encontro cos seus veciños, coa sociedade e co noso alrededor, buscando proxectos en común cos pobos do noso contorno como poden ser Cerdedo, Campo Lameiro, Forcarei”. Deste xeito, póñense os cimentos para a creación dun proxecto moi ilusionante, o primeiro consorcio que se creará no ano 2012 en Galicia, e que demostrará a eficacia e a necesidade de que o poder estea preto do pobo para dar unha resposta rápida e eficaz ós problemas dos cidadáns.

Preténdese facer valer a administración local como entes eficaces no abaratamento dos costes dos servizos e no apoio mutuo para impulsar grandes proxectos, defendendo a identidade dos nosos concellos, defendendo a permanencia das Deputacións para apoiar ós pequenos concellos, dentro dunha Galicia forte, moderna e competitiva.

Demóstrase con este tipo de iniciativas que a unión debe facer a forza para promover proxectos comúns como poidan ser o Saneamento integral do Río Lérez, a revalorización dos nosos conxuntos prehistóricos, a loita contra incendios, o turismo, a mellora das estradas intercomarcais e as pontencialidades de desarrollo económicos destes 4 concellos.

Cotobade aprobará no Pleno do vindeiro luns a adhesión á Comisión Xestora que presidirá Julio Sayáns, Alcalde de Campo Lameiro, un referente como Alcalde para todos os actores da administración local provincial e galega.

No hay comentarios: