sábado, 30 de junio de 2007

¿Rectificacións a tempo...?


Tras a miña publicación e a denuncia de moitas máis persoas da deixadez do concello na publicidade do campeonato europeo de piragüismo o alcalde M.A Lores optou por colocar ao lado da bandeira do orgullo gay un cartel promocionando dita competición. É unha medida que aínda que chegou, chegou tarde e mal.
Non debeu esperar tanto tempo, a competición remata nun prazo breve de días e o campeonato europeo pasou como o rosario da aurora, sen motivación, sen publicidade e sen un claro compromiso do goberno que tivo a honra de hospedalo. Todas as farolas da cidade tiñan que estar absolutamente cheas de publicidade para facer un chamamento á cidade e despertar o sentir deportivo.
O deporte pontevedrés sofre unha renuncia desde as súas institucións locais, feitos como a promesa dun campo de rugby que no seu día se fixo ao noso equipo de primeira nacional como é o Mareantes fai xa 4 anos e que aínda seguimos sen ver realidade.
Como pontevedrés e amante dos deportes espero que este tipo de situacións non se volvan a repetir polo ben do prestixio da nosa cidade e dos nosos bos veciños.

1 comentario:

PONTEVEDRITOS dijo...

Hola Jorge. Para poner un contador de visitas busca en Google "contador visitas blog" y elige una opcion de las muchas que te saldrán. Yo tenía uno antes que me iba fatal por que se quedaba pillado y este parece que va bien. Tambien he visto en otros blogs unos muy chulos que seleccionan las visitas por paises. es cosa de visitar vaios blogs y cuando encuentres uno que te guste pincha en la letra pequeña y te lleva a la página que lo facilita. Saludos