Un exemplo moral.
O señor Valentín Pazos, o home das castañas, iniciou a temporada "castiñeira" deste outono o pasado martes. Este home representa a toda unha institución para os galegos como o é "a castaña", froito que quitou moita fame aos nosos avós e devanceiros.
Non vou dicir que son amigo, pero os meus amigos máis eu somos moi coñecidos "do fillo de Valentín, Valentín fillo", un "vacilón" no bo sentido da palabra. Tódolos pontevedreses témoslles moito cariño.
É un orgullo que unha persoa teña a vontade con 71 anos de seguir saíndo á rúa durante moitas horas diarias para, o que para min significa, realizar "un magosto diario", que é a homenaxe que cada outono os galegos brindámoslle á castaña.
2 comentarios:
joder q cabrón
Un mito
Publicar un comentario