martes, 25 de diciembre de 2007

Bloggers en Marcón


Cada día súmase máis xente ao mundo do Blog, gracias á xentileza que nos brindan os medios de comunicación, neste caso, internet.

Atrévome a dicir que Internet é o medio de comunicación e información que máis empregan os xóvenes, xa que temos a posibilidade real de contactar con alguén ou obter unha información que acaba de ocorrer en moi poucos segundos.

E neste senso, dentro do internet, o Blog é un dos mecanismos máis modernos para que cada persoa que lle gusta escribir, opinar e facer pensar transmita as súas palabras por todo o mundo.

A esta tarefa xa se encomenda "A asociación S.Miguel de Marcón", a través do seu Blog http://www.ascsanmigueldemarcon.blogspot.com/, onde tratan os temas que lle acontecen e que lle afectan a esta nobre parroquia pontevedresa.

Esta parroquia celebra as súas festas patronais os 29, 30 de setembro e o 1 de outubro.
Dende aquí anímoos a seguir traballando e a amosar o patrimonio, a arte relixiosa, e a paisaxe, como o monte da Fracha, para demostrar que o rural e as parroquias do noso concello son envidiables, aínda que non teñan nin o 5% dos seus recursos turísticos explotados...

Gracias polo enlace que teño na vosa páxina.
Saúdos dun amigo.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A labor das asociacións coma esta é bo e importante cando os gobernos non se adican a gobernar. Ánimo.

Anónimo dijo...

hm.. funny style!