martes, 21 de octubre de 2008

TOURIÑO FALA DE AUSTERIDADE MENTRES VIAXA NUN COCHE DE 480.000 EUROS PAGADO CON DIÑEIRO DE TODOS

O presidente da Xunta afronta os efectos da crise económica comprándose un coche de 480.000 euros, preto de 80 millóns de pesetas.

Touriño fai proclamas de austeridade no gasto público mentres dilapida o diñeiro dos galegos. É indigno que nestes momentos -e coa que está a caer en Galicia- o presidente se gaste semellante cantidade de diñeiro en satisfacer o seu ego cun coche de 480.000 euros.
A tendencia ao luxo do presidente non é nada novo, posto que xa vimos como gastou case 800.000 euros en gastos de protocolo e representación
en só seis meses de 2008 (o 100% da partida específica para todo o ano e o 47% doutra que vai utilizando á súa antollo).

É obvio o motivo polo que o presidente negaba que en Galicia había unha grave crise económica: montado en coches que custan 480.000 euros é normal que se minimicen os problemas.

Touriño dicía que “non había crise” referíase a que “non había crise para el”.

6 comentarios:

Miguel A. Pazos Fernández dijo...

Os políticos son así.

Anónimo dijo...

Non sei que serña pior... se isto ou o do Presidente da Diputación de Lugo...
socIOlisTos....

ISAAC dijo...

480.000€???!!!

según tengo entendido es un Audi A8 q, según precios ofrecidos en revistas especializadas, cuesta un máximo de 129.540,00 € (http://www.cochesyconcesionarios.com/preciosdecoches/Audi/A8.html)

a que se debe la diferencia?

Anónimo dijo...

yoryo!!! q coche es ese q se ha comprao touriño??

ya te dije q los politicos son unos ladrones, kitate de ahi que vas a terminar igual jaja
un abrazo!!
"santilandeiro"

Anónimo dijo...

pues isaac muy facil todos los blindamientos y todos los servicios que puede tener un a8 que no estan a la venta del gran publico; vete a saber tu lo que tiene por dentro ese coche.




Martín

José Enrique Carrero-Blanco Martínez-Hombre dijo...

Tu blog es candidato oficial al I PREMIO AL MEJOR BLOG, otorgado por mi mi blog .

Está abierto el periodo de votación, en una encuesta colocada en el margen derecho.