martes, 28 de octubre de 2008

TOURIÑO GASTOU MÁIS DE DOUS MILLÓNS DE EUROS EN CAMBIAR A DISTRIBUCIÓN E O MOBILIARIO DO SEU DESPACHO

O presidente da Xunta gastou máis de dous millóns de euros en cambiar a distribución e o mobiliario do seu despacho de San Caetano nada máis acceder á Presidencia da Xunta.

Emilio Pérez Touriño considerou que as instalacións que serviron a Manuel Fraga para gobernar Galicia durante 16 anos non estaban á súa altura e decidiu amplialas e redecoralas cun custo para as arcas públicas galegas de máis de 320 millóns das antigas pesetas.

A Xunta quixo ocultar o prezo da reforma convalidando a factura da mesma no Consello da Xunta, ben porque excede a propia cantidade inicialmente prevista -polo que o importe da obra podería superar con fartura eses dous millóns de euros-, ben porque os gastos non foron fiscalizados polos interventores.

Os cidadáns non queremos os planos do despacho; queremos saber canto se gastaron en reformalo, en alfombras, en cadros, en sillóns… queremos saber ata onde chegou o dispendio por parte do presidente galego.

En todo caso, a sociedade galega ten dereito a saber canto gastou o presidente en regalarse un novo despacho, ou non é?

7 comentarios:

jorge couto dijo...

en tiempos de crisis renovamos el despacho y comparamos coches de 480000 euros

Anónimo dijo...

Oin que finalmente ese non era o orzamento para a remodelación do seu despacho, coido que era para dous andares dun dos edificios da Xunta, que comprendía tamén o despacho do presidente.
Os populares fan demogaxia da boa e moi rápida.
Iso non resta a importancia da cantidade de cartos gastados, coas necesidades que hai agora.
Dame noxo ver como os políticos non teñen ningún reparo en malgastar os nosos impostos de xeito demesurado.
E se falo das axudas aos bancos... En fin, mellor non falar.
Un saúdo

Anónimo dijo...

Llegado el otoño al PP se le cayeron las pocas hojas que tenía el árbol de sus ideas y decidió que en época de tribulaciones y de dificultades económicas, lo mejor era tirar por la calle de enmedio, evitar la responsabilidad que significa hacer propuestas o presentar ideas y limitarse a una campaña de desprestigio de las instituciones y en especial del Presidente Touriño. Lo que no midieron bien es que las acusaciones hay que demostrarlas y que las mentiras a quienes pasan factura es a los mentirosos.

Primera mentira. Primer Pleno parlamentario de septiembre; Feijoo acusa al Presidente de pagarse las vacaciones con dinero público. Emilio Pérez Touriño le reta a que lo demuestre y le dice “traeré a esta Cámara las facturas pagadas y la demostración de que lo han sido con el salario de mi mujer y el mio”. El Presidente presentó en el Parlamento la documentación el 24 de septiembre. La Presidenta de la Cámara lo comunicó al Portavoz del PP, Manuel Rivas. Naturalmente, ese mismo dia desapareció el interés de los populares por el tema. Tampoco pidieron perdón ni a los ciudadanos ni al Presidente. Perdón por mentir.

Segunda mentira. El PP “denuncia” que en plena crisis el Gobierno decide adquirir un “coche de lujo”. De inmediato se descubre la verdad; el coche fue adquirido hace un año y supuso cambiar uno de los vehículos de Presidencia por otro similar. El lujo... el coche es blindado, como los de todos los Presidentes de CC.AA. y buena parte de los cargos públicos relevantes. Un vehículo similar se adquirió en el 2002; su precio superaba los 330 mil euros. El PP, naturalmente, no protestó por aquella adquisición. El Pesidente era Fraga. El PP no pidió perdón ni a los ciudadanos ni al Presidente. Perdón por mentir.

Tercera mentira. En la Comisión tercera se debaten los presupuestos de la Vicepresidencia do Benestar e a Igualdade. Una diputada del Grupo Popular deja caere durante su intervención que se dedica poco dinero a la política social y que se adquieren “complementos de lujo” para los vehículos, como una supuesta nevera que habría costado 6 mil euros y estaría en el coche de Quintana. El Vicepresidente la reta a “acompañarme ahora mismo con los medios de comunicación a ver dónde está”. La diputada recula pero Quintana lleva después a la prensa. En su vehículo oficial hay, efectivamente, una nevera, portátil, cuyo precio anda por lo 85 euros, según la “versión cara”. El PP no pidió perdón ni a los ciudadanos ni al Vicepresidente da Igualdade e do Benestar.

Cuarta mentira. El Secretario Genral del PPde G, Alfonso Rueda, “denuncia” un supuesto escándalo; el Gobierno gallego ha hecho obras para para “ampliar el despacho de Touriño” cuyo valor supera los dos millones de euros. El Secretario Xeral de Presidencia presenta la documentación; las obras se realizaron en el año 2005, recién llegado el nuevo Gobierno, y consistieron en la modificación de tres plantas de despachos y salas de reuniones. De todas estas obras el despacho del Presidente no llegaba al diez por ciento del total y, por cierto, las obras costaron un millón trescientos mil euros. No creo que me equivoque si afirmo que mañana el PP no pedirá perdón, ni a los ciudadanos ni al Presidente.

Resumen: el PP considera que Fraga, Feijoo o Louzán pueden ir en Audi A8, pero el Presidente Touriño no. Cuestión, seguramente, de “selección natural”. El PP cree que se puede mentir abiertamente en fechas, datos y supuestas denuncias de aún más supuestos escándalos. No importa mentir, lo que vale es difundir un rumor. Cuestión, seguramente, de cultura democrática.

Anónimo dijo...

Estamos a observar unha campaña do PP en Galicia que só merece desprezo e repulsa ante semellante falta de rigor. É costume de persoas de pouco nivel recorrer á mentira para tratar de xustificar os seus propios erros. É o que estamos vivindo na campaña de acoso do PP contra o Presidente do Goberno galego baseada en insidias, medias verdades e completas falsidades.Vou tratar de explicar aos meus lectores a verdade de todo esta montaxe do PP



A intención dos populares galegos é crear alarma, posto que a súa estratexia está baseada en resucitar asuntos que tiveron lugar fai anos descontextualizándoos:

PP mente sabendo que mente porque lles custa admitir que un socialista poida estar á fronte da presidencia da Xunta de Galicia

Menten desprestixiando ás institucións galegas porque non teñen outra cousa que facer, xa que ven que tódalas súas propostas económicas están agora en crise

Nestes momentos de dificultade económica non imos tolerar que os populares insistan no seu intento de desprestixio do presidente da Xunta de Galicia e as institucións

As obras de remodelación no bloque central e laterais do edificio da Xunta en San Caetano, onde se sitúa o despacho do presidente, se acometeron en decembro do ano 2005 e tiveron un custe de 1.600.000 euros

O despacho do presidente da Xunta que, tras estas obras, pasou da planta intermedia á planta baixa, ocupa practicamente a mesma superficie có do anterior presidente da Xunta

Resulta grotesco que quen levou a cabo a construción da residencia de Monte Pío, que custou máis de 2.500 millóns de pesetas, tendo o respecto das restantes forzas políticas, faga agora da reforma do edificio central de San Caetano unha cuestión de demagoxia partidaria"

O actual Goberno, en relación a gastos de Representación e Protocolo executou no 2006, 592.000 euros; no 2007, 762.000 euros e no presente uns 700.000 euros, por debaixo do gasto do anterior
Goberno

Nesta lexislatura, este Goberno mercou 3 vehículos marca Audi, mentres que o anterior Executivo adquiriu 30 en oito anos

Semella que tan só Feijoo, Louzán ou Fraga tiñan dereito a ter despacho ou utilizar coche oficial; esqueceron que estes vehículos son os mesmos que hai tres anos


Trátase dunha deliberada e predeterminada estratexia de ataque ao Presidente da Xunta que pretende sementar dúbidas sobre o seu comportamento en diversos ámbitos.


O máis grotesco de toda esta campaña é que vai dirixida contra un dos ámbitos menos vulnerables do presidente da Xunta, do que destacamos a súa austeridade. Non o terán visto comer en restaurantes de luxo nin dedicar os seus fins de semana a cacerías ou monteirías ao longo e ancho de España.

Anónimo dijo...

1. Despacho do presidente da Xunta en San Caetano


É o último episodio desta estratexia que está a seguir o PP, que nin sequera en épocas preelectorais se entende nin se explica, e tampouco ten precedentes na nosa Comunidade Autónoma.

O PP xa solicitou estes datos no Parlamento, onde lle foron entregados en febreiro do 2006, ao tempo que en outubro dese mesmo ano se lle contestaron outras dúas preguntas sobre o mesmo asunto.

Toda a obra realizouse coa mesma memoria de materiais e a través dun mesmo proxecto construtivo, unha vez que, a raíz dun problema coa instalación eléctrica desa área, foi necesario renovar o subministro, o que se aproveitou para acometer unha remodelación total do espazo, no que se instalou un novo elevador, de acceso á parte posterior de San Caetano.


2. Gastos de representación e protocolo


Nunha intervención parlamentaria do líder dos populares galegos este acusou ao Presidente da Xunta de pagar o aluguer da súa residencia de verán con fondos públicos. Unha acusación que o xefe do Executivo autonómico desmentiu ao entregar ante a Cámara a factura correspondente, entregada o pasado 24 de setembro sen que Alberto Núñez Feijóo se desculpara polas súas acusacións.


Outra das acusacións do PPdeG denunciaba o incremento ata case 800.000 euros nos gastos de Representación e Protocolo.


Estamos ante auténticas falsidades: e esto amósase cos datos comparativos do orzamento executado con cargo á partida do capítulo 2 relativo a gastos de Representación e Protocolo rexistrados na época do Goberno Fraga e no actual.

No 2002 o Goberno do PP executou 720.000 con cargo a esta partida; no 2003, 768.000 euros; no 2004, 790.000 euros; e no 2005 871.000 euros ata o cambio de goberno. Comparativamente, o actual Executivo executou no 2006, 592.000 euros; no 2007, 762.000 euros e no presente ano executará unha cantidade similar que roldará os 700.000 euros, por debaixo do presuposto do anterior Goberno.

Segundo os datos do INE, en Galicia as tarifas de transporte aéreo subiron nestes últimos cinco anos un 47,7 por cento e os prezos ao consumo case un 27,3 por cento. A pesar desta subida de custos os orzamentos executados nos anos deste Goberno en gastos de Representación e Protocolo son en contía inferiores aos do PP nos seus últimos anos de Goberno.


3. Vehículos


Os servizos de automóbil destinados ao presidente están compostos por dous vehículos con carácter permanente de modelo A8.

No 1997 adquiriuse o primeiro Audi para o ex mandatario autonómico, Manuel Fraga, ao que lle seguirían dous A-8 nos anos 2000 e 2002. Foi precisamente durante o seu goberno cando o parque móbil da Xunta entre o ano 97, cando se adquiriu o primeiro, e o 2005, mercou 30 vehículos de marca Audi.

Durante o mandato de Emilio Pérez Touriño só se teñen mercado 3 vehículos marca Audi, un A-8 para o presidente -que substituíu ao anterior vehículo de igual marca e modelo adquirido en 2000-, e outros 2 vehículos Audi modelo A-6. Curiosa tendencia ao luxo cando entre 1997 e 2005, oito anos, se compran 30 coches e nos seguintes tres anos, correspondentes ao Goberno de Emilio Pérez Touriño, tres.

As características do coche que emprega o presidente atribúense a cuestións de seguridade.


4. Outros exemplos de non austeridade do PP


En Vigo, cando era alcaldesa Corina Porro, comprou á Universidade o edificio do antigo reitorado por 3 millóns de euros e quixo levar alí as dependencias da alcaldía. Gastou 1 millón e medio de euros nas reformas e na adecuación das instalacións. Inaugurouno a finais de outubro do 2006. Utilizouno 6 meses. Pero despois decidiu que non era operativo, porque os concelleiros estaban a quilómetro e medio, nas dependencias do concello.

Anónimo dijo...

Non se pode escribir todo o que aparece nos periódicos, porque non sempre é verdade, hai que investigar un couco mais, rapaciño.

Jorge Cubela dijo...

Información recogida por todos los diarios nacionales, por el momento no hubo ninguna demostración de que lo que denunció la oposición era mentira, solamente se dijo eso, que era mentira.

Pero el salero se demuestra andando, es decir, que lo demuestren y no habrá pasado nada.