martes, 14 de octubre de 2008

A XUVENTUDE, A GRAN ESQUECIDA DO BIPARTITO

O director xeral de Xuventude da Xunta admitiu no Parlamento que o Goberno bipartito nunca reuniu á Comisión Interdepartamental de Xuventude, admitindo así que a mocidade é un dos sectores máis esquecidos polo Goberno de Touriño.

O feito de non ter reunido á Comisión Interdepartamental de Xuventude nos máis de tres anos transcorridos desde o cambio de Goberno en Galicia revela a falta de transversalidade das políticas da Xunta dirixidas á mocidade.

Ao tempo, tamén pon de manifesto que o actual Executivo presenta un cumprimento “cero” do pacto de Goberno en materia de mocidade.

A Comisión Interdepartamental de Xuventude, na que están representados todos os departamentos autonómicos, a Fegamp e mailo Consello da Xuventude de Galicia reuniuse por última vez na pasada Lexislatura, cando o Conxuga esta presidido aínda polo actual deputado autonómico Lage Tuñas.

Tarde, mal e arrastro.

2 comentarios:

Miguel A. Pazos Fernández dijo...

Yo creo que la juventud es la gran olvidada de todos los políticos. Mucho hablar, pero... no hay acciones.

Un saludo

Anónimo dijo...

Mario Cubela López

Buenas contertulios jejeje, no he leído el artículo porque me ha dado pereza y tampoco voy a dar mucha caña porque digamos que no son horas...xDD