viernes, 26 de junio de 2009

Debate no Parlamento Galego sobre as Taxas Universitarias





Este mércores, os representantes de alumnos fomos invitados á sesión do pleno do Parlamento de Galicia pola Deputada do Grupo Popular María Seoane, Presidente Rexional de NNXX, con motivo do debate dunha proposta do Grupo Socialista para que os fillos dos desempregados non teñan que pagar as Taxas Universitarias.

Da teima das taxas universitarias xa me teño mostrado neste blog con bastante contundencia e en termos semellantes con que o fixo dende a tribuna do Parlamento María Seoane contra o oportunismo dalgúns. Pero por sorte, os que traballamos no tema, non esquecemos.

Deste xeito, recordoulles ós deputados socialistas que a medida chegaba ben tarde logo de que a actual Xunta de Galicia conxelase as taxas universitarias para o vindeiro curso.

En palabras de María "a Xunta actual en apenas dous meses xa ten adoptado máis medidas para evitar o abandono de estudos universitarios por razóns económicas que o bipartito en todo o seu mandato".

Asemade, permitiuse recodarlles ós deputados da oposición, concretamente á deputada firmante da proposta "que sería bo que vostedes repasaran os anos de goberno socialista, así evitaría quedar hoxe en evidencia".
"Son vostedes os artífices da maior tropelía á mocidade universitaria galega.
E para mostra un botón

A XUNTA APROBA A MAIOR SUBA DE TAXAS DA HISTORIA DE GALICIA

ANO: 2006
PRESIDENTE: TOURIÑO
CONSELLEIRA: LAURA SÁNCHEZ PIÑÓN
PARTIDO: SOCIALISTA
CÓMPLICE : BLOQUE NACIONALISTA GALEGO"


Como tamén tocou o descenso das bolsas concedidas dende o goberno central ós estudantes con respecto a anos anteriores:


"Voulle falar dos datos reais da involución do número de becas dos últimos anos; pese a que nunha maniobra, desas ás que nos ten xa acostumados o sr. Zapatero, tentaron de ocultalos, misturando as bolsas de movilidade coas bolsas destinadas a aqueles que estudan na CA propia, as de universidade coas de outros estudos superiores, e coas de ensinanzas medias, lle vou a facer un repaso dos datos para que vexa vostede con claridade como defenden os intereses da mocidade,

Mire

ANO 2002-2003: 801.415 becas concedidas
ANO 2003-2004: 830.719 becas concedidas

E cambiamos de goberno de España

ANO 2005-2006: 600.027 BECAS
ANO 2006-2007: 612.535

A partir de ahí intente vostede votar a conta porque é cando comeza o cómputo do todo misturado para ocultar os verdadeiros datos. 7000 becas menos o ano pasado.

A diferenza entre uns anos e outros é a cor do goberno, os do partido popular cunha media de 800.000 becas universitarias anuais e os do partido socialista obreiro español cunha media de 600.000.

O outro día eu non daba crédito, Zapatero unha vez máis prometía 1.500.000 becas, e digo unha vez máis porque xa fixera a mesma promesa o 6 de setembro de 2004 nun acto en león".


Rematando así:

"Deixe que a Xunta conxele o prezo das matrículas para o vindeiro curso aínda que isto vaia en contra das medidas que tomaban vostedes no goberno".


É a deputada máis nova do actual Parlamento.
Era a súa primeira intervención na cámara galega e, tras escoitala e ver o seu ofrecemento para recibir calqueira iniciativa ou proposta, pódovos dicir que os mozos de Galicia estaremos ben defendidos nestes catro anos, como sí que non o estivemos, con datos na man, nos 4 últimos anteriores dende o mundo universitario.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gran intervención de Maria

Saludos