Acabo de conversar cun bo amigo sobre os resultados destes comicios ó Parlamento Europeo e, en clave analítica, fixemos uns cantos comentarios polo miúdo a conto dos pésimos resultados do BNG.
Particularmente, aínda que os meus postulados políticos estiveron por aquí sempre ben defendidos e, sobre todo, claros, síntome libre para facer uns cantos comentarios por mor dos flagrantes resultados do Bloque Nacionalista Galego.
Moi lonxanos quedan os tempos de Xosé Manuel Beiras á fronte da organización nacionalista, quen quixera construir un partido para tódolos galegos, que aglutinase no seu seo unha alternativa propia para Galicia con certa moderación -como se puido ver coa súa intención de avanzar hacia o centroesquerda e abandoar sen fisuras as bases teóricas da marca UPG-.
Dáme mágoa a actual situación política do Bloque. Non se trata de falar de esquerdas ou de dereitas, trátase de que o BNG renunciou a reditar Galeuscat para votar e apoiar a Oriol Junquera coa súa tapada Ana Miranda, quen me pareceu moi boa candidata (formouse ás beiras de Camilo Nogueira en Bruselas).
Os resultados do Bloque son unha grande mostra de que se están alonxando da sociedade civil galega para achegarse ós minimalismos da extrema-esquerda como ERC ou Aralar. A actual dirección -é convinte discernir entre a dirección e as bases do partido- renunciou a reditar a coalición GALEUSCAT, con partidos que foron opcións de goberno nas súas terras -PNV, CIU- e así ter máis doada a presencia doutro deputado galego, para porse a día de hoxe ó servicio de Oriol Junquera, a quen verdadeiramente votaron os galegos que introduciron a papeleta do BNG nas urnas, e unirse ós mandos ultraradicais dos fanáticos de ERC.
Moitos votantes moderados do BNG non entenderon o desnorte ideolóxico da súa organización e prefiriron absterse ou apostar por outras opcións máis coherentes.
O BNG debería de soltar moito lastre na súa superficie e REFUNDAR os seus plantexamentos políticos en clave galega e non en tanta ideoloxía involucionista, pois as ideas serven a Galicia cando hai un verdadeiro interés en servir ó país dende posturas moderadas e cercanas ós galegos, á terra nai, aglutinando a todo o mundo, e non dende os manuais máis intransixentes da esquerda independentista e antisistema.
Fago este artigo e opino desta maneira porque creo necesaria unha forza nacionalista que defenda certas cousas que tanto o PP coma o PSOE non fan ás veces. Non se entendería Galicia sen o BNG, ó igual que España non sería entendida sen un partido socialdemócrata como o PSOE ou liberal conservador e de centro como o PP.
Ó igual que é necesaria a alternancia entre o PP e o PSOE e a súa sólida presencia na sociedade española, é imprescindible que a voz de moitos sectores galegos sexan defendidos con forza -moitos dos cales eu non apoio, pero que están aí e, polo tanto, teñen que ter representación- cando o PP e o PSOE non o fan por non seren parte dos seus dominios.
Moitos galegos non entenderon como o BNG, un partido galego, que tanto presume e defende a súa galeguidade por enriba de todo, permitiu que Camilo Nogueira non puidera optar ó seu escano durante dous meses tras correr a lista de Galeuscat, deixando constar na memoria de moitos que estiveron de espaldas ós seus votantes cando os seus votos correspondíanlles en propiedade, xa que as actas cando corren son das persoas e de ninguén máis.
Agora, podería pasar o mesmo. O candidato do BNG non era Ana Mirando, non era GALEGO, TAN SEQUERA ERA DO BNG. ERA ORIOL JUNQUERA DE ERC, ERA CATALÁN EXCLUSIVAMENTE, xa que as opcións de merdrar en apoio indo con eses grupúsculos eran moito menores para que Galicia contara con outro representante galego en Europa, neste caso do BN, como cando estivera Camilo Nogueira.
Igual de lexos quédanse do histórico Partido Galeguista e das teses de Castelao, Risco ou Bóveda, xente que podería aceptar o BNG de Beiras e Galeuscat, pero non o BNG de ERC e da UPG -partido da extrema esquerda, comunista e independentista como así se define nos seus arcaicos estatutos sen mudar dende os 70, partido que é a base maioritaria da actual dirección do BNG-.
Se algún militante do BNG pensa que hai algo de razón neste artigo, que non espere a que en vez de ter o 10%, ó seu partido cústelle chegar ó afamado 5% galego...
Particularmente, aínda que os meus postulados políticos estiveron por aquí sempre ben defendidos e, sobre todo, claros, síntome libre para facer uns cantos comentarios por mor dos flagrantes resultados do Bloque Nacionalista Galego.
Moi lonxanos quedan os tempos de Xosé Manuel Beiras á fronte da organización nacionalista, quen quixera construir un partido para tódolos galegos, que aglutinase no seu seo unha alternativa propia para Galicia con certa moderación -como se puido ver coa súa intención de avanzar hacia o centroesquerda e abandoar sen fisuras as bases teóricas da marca UPG-.
Dáme mágoa a actual situación política do Bloque. Non se trata de falar de esquerdas ou de dereitas, trátase de que o BNG renunciou a reditar Galeuscat para votar e apoiar a Oriol Junquera coa súa tapada Ana Miranda, quen me pareceu moi boa candidata (formouse ás beiras de Camilo Nogueira en Bruselas).
Os resultados do Bloque son unha grande mostra de que se están alonxando da sociedade civil galega para achegarse ós minimalismos da extrema-esquerda como ERC ou Aralar. A actual dirección -é convinte discernir entre a dirección e as bases do partido- renunciou a reditar a coalición GALEUSCAT, con partidos que foron opcións de goberno nas súas terras -PNV, CIU- e así ter máis doada a presencia doutro deputado galego, para porse a día de hoxe ó servicio de Oriol Junquera, a quen verdadeiramente votaron os galegos que introduciron a papeleta do BNG nas urnas, e unirse ós mandos ultraradicais dos fanáticos de ERC.
Moitos votantes moderados do BNG non entenderon o desnorte ideolóxico da súa organización e prefiriron absterse ou apostar por outras opcións máis coherentes.
O BNG debería de soltar moito lastre na súa superficie e REFUNDAR os seus plantexamentos políticos en clave galega e non en tanta ideoloxía involucionista, pois as ideas serven a Galicia cando hai un verdadeiro interés en servir ó país dende posturas moderadas e cercanas ós galegos, á terra nai, aglutinando a todo o mundo, e non dende os manuais máis intransixentes da esquerda independentista e antisistema.
Fago este artigo e opino desta maneira porque creo necesaria unha forza nacionalista que defenda certas cousas que tanto o PP coma o PSOE non fan ás veces. Non se entendería Galicia sen o BNG, ó igual que España non sería entendida sen un partido socialdemócrata como o PSOE ou liberal conservador e de centro como o PP.
Ó igual que é necesaria a alternancia entre o PP e o PSOE e a súa sólida presencia na sociedade española, é imprescindible que a voz de moitos sectores galegos sexan defendidos con forza -moitos dos cales eu non apoio, pero que están aí e, polo tanto, teñen que ter representación- cando o PP e o PSOE non o fan por non seren parte dos seus dominios.
Moitos galegos non entenderon como o BNG, un partido galego, que tanto presume e defende a súa galeguidade por enriba de todo, permitiu que Camilo Nogueira non puidera optar ó seu escano durante dous meses tras correr a lista de Galeuscat, deixando constar na memoria de moitos que estiveron de espaldas ós seus votantes cando os seus votos correspondíanlles en propiedade, xa que as actas cando corren son das persoas e de ninguén máis.
Agora, podería pasar o mesmo. O candidato do BNG non era Ana Mirando, non era GALEGO, TAN SEQUERA ERA DO BNG. ERA ORIOL JUNQUERA DE ERC, ERA CATALÁN EXCLUSIVAMENTE, xa que as opcións de merdrar en apoio indo con eses grupúsculos eran moito menores para que Galicia contara con outro representante galego en Europa, neste caso do BN, como cando estivera Camilo Nogueira.
Igual de lexos quédanse do histórico Partido Galeguista e das teses de Castelao, Risco ou Bóveda, xente que podería aceptar o BNG de Beiras e Galeuscat, pero non o BNG de ERC e da UPG -partido da extrema esquerda, comunista e independentista como así se define nos seus arcaicos estatutos sen mudar dende os 70, partido que é a base maioritaria da actual dirección do BNG-.
Se algún militante do BNG pensa que hai algo de razón neste artigo, que non espere a que en vez de ter o 10%, ó seu partido cústelle chegar ó afamado 5% galego...
26 comentarios:
Jorge, paréceme xenial que te sintas libre para facer tales comentarios pero, sabes unha cousa? falar dende a verdade axuda a elaborar bos comentarios. E ti non ves de facelo.
Disque Beiras quería levar ao BNG cara ao centroesquerda. Perfecto, demostras que non te tomaches a máis mínima molestia en furar un pouquiño no tema, simplemente ves que dende o teu partido din que o denantes "tolo do zapato" foi un grande estadista, etcétera, etcétera... e o único que fas é repetir tal consigna. Non te preocupaches por entrar un anaquiño na web do Encontro Irmandiño para ver como nas súas "Liñas Políticas" saídas da súa segunda Asemblea Nacional que hai que "reforzar o peso das políticas nacionalista e de esquerda nas institucións" e, máis abaixo, na páxina 4 do pdf no que se recollen esas liñas de acción, dise claramente "manter o rumbo do BNG afastado da viaxe ao centro auspiciada pola maioría dominante" (refírense aos quintanistas, isto é anterior á última asemblea do BNG), para seguir dicindo "afortalar a liña ideolóxico-política de esquerdas no BNG".
Onde está a deriva cara ao centroesquerda da que falas? Onde? Onde a moderación á que fas referencia? Moderación... esa palabra coa que vos enchedes os que logo lle dicides aos dos comites que vos chuchen certa parte da vosa anatomía, que todo se acaba sabendo... moderación, a mesma que mostraron Feijóo e Baltar nas autonómicas? a mesma de Rajoy nestas europeas? insultando, calumniando, sabes o da denuncia a Baltar polas inxurias verquidas contra a familia de Quintana?
Jorge, para outra vez que fales de Beiras, pediríache un pouco de rigor.
Cales son, segundo ti, as bases teóricas da UPG? Dígocho eu, a UPG defínese como marxista-leninista.
E unha pequena clase de política, o marxismo-leninismo é a primeira corrente dentro do marxismo que conta co campesiñado. Para Marx o campesiñado era un elemento que tendía a conservar as vellas estruturas, non era válido para a revolución social. Será Lenin o que vexa no campesiñado unha potencial forza de cambio, incorporándoo a revolución (obviamente, hoxe en día conceptos como revolución conservan o significado esencial: cambio na estrutura social, pero adaptado aos tempos que corren, hoxe non hai cosacos tsaristas cargando contra os manifestantes). O marxismo-leninismo é o que incorpora a fouce e o martelo.
Esa é a base teórica da UPG. E faime graza que fales de Castelao nos termos nos que o fas cando en moitos escritos aparece filosoviético, e para mostra un botón: "o pobo ruso fixo un gran sacrificio por tódolos habitantes do mundo, e o experimento que realizou, aínda que non houbese trunfado, merecía lembranzas de gloria, pro ademais como trunfou deixoulle ó mundo enteiro un espello onde pode mirarse",
e sobre a súa moderación: "unha nación é soberán e ten dereito a orgaizarse autonómicamente, sen máis límites que os derivados do respeto ao dereito igoal das demáis nacionalidades. A nación ten dereito a federarse con outras e a separarse da federación cando lle conviñer.
Unha nacionalidade,pois,ten dereito,incluso, a constituirse en ESTADO INDEPENDENTE". Que radical independentista, non che parece?
Faime graza cando os pepeiriños empezades a invocar o nome dos galeguistas doutros tempos para dicir canto se identifica o PP con eles. E resulta que Antolín Faraldo, provincialista, xa dicía "cuanto más estuidamos nuestra situación, más vivamente reconocemos la división, la excentralización, el aislamiento de Galicia ¡siempre ciudad, nunca patria, jamás nación!". Ai, pero iso non é o galeguismo do PP.
E Rosalía: "Pobre Galicia, non debes // chamarte nunca española // que España de ti se olvida // cando eres, ¡ai! tan hermosa". Ordiá, que Rosalía case defendía o independentismo.
E moi bo cando Risco se pregunta qué temos en común cos "comedores de gazpacho do sur".
Sinceramente, esas invocacións que tendes a facer a nomes como Castelao, Risco e demais galeguistas só demostran unha cousa: que nunca te preocupaches por ler o que escribiron, falas por falar.
Falas de Galeuscat e de radicais e fanáticos. Lémbroche algo que dixo un filósofo, "o fanatismo empeza cando alguén di que os demais son uns fanáticos", ou o que é o mesmo "non hai nada máis radical que dicir que outra persoa é un radical", aplícate o conto. Así mesmo, e se fose con Galeuscat estarías contento? Lembremos a deriva soberanista do PNV (esquéceste do plan Ibarretxe? pois non era só del), e que dicir de CiU e as súas peticións para Catalunya sempre consideradas polo PP como egoístas, nada solidarias... coherencia no descurso, é algo esencial, Jorge.
Polo demais, simplemente te reiteras, esbardallas, fabulas... repetindo o a cantinela do teu partido, e sen demostrar un criterio propio ben definido.
Saúdos.
son siareiro absoluto de teyve, parabéns!
Eu a Jorge que o leo moito teño que dicir que aínda fai uns días foi creo que o único que puso o vídeo de Beiras neste blogue no que él xa falaba da independencia de Galicia e debes te-lo aquí para corroboralo así que desmerécesme tí a túa falta de respeto pra quen está a expoñer un punto de vista basado na sú percepción.
O último Beiras quitou a Estrela Roja dos comicios galegos e aquilo, sen renunciar os seus postulados, sí que foi unha aposta de aglutinar os galeguistas e de converterse nun partido con aspiración de representar a toda á sociedade.
A coalición con ERC e Aralar destapounos, e unha traición os seus postulados no ambito de defender Galicia. Os ineterese de Galicia os defenderán mellos CIU ou o PNV que ERC que solo quere Cataluña pra sí mesma.
E Teyve investiga porqué os últimos escritos de Rosalía foron en castelán que seguro que o sabes.
Falta de respecto, Sisar? Que falta de respecto?
Simplemente puxen sobre a mesa un punto de vista baseado na miña percepción, e en ningún momento lle faltei ao respecto a ninguén. De feito, o argumento da falta de respecto adoita ser unha resposta vacua que substitúe a carencia de respostas argumentadas.
Jorge dixo unha cousa, eu mostrei os feitos. Somos escravos das nosas palabras, e o que Jorge dixo da deriva centrista de Beiras é, simplemente, falso. E para demostrar esa falsidade, o que fixen foi remitirme ao que hoxe é a fonte do movemento arredor de Beiras, o Encontro Irmandiño; e non acho necesario repetir o que xa transcribín.
Ti mesmo o dis: "sen renunciar os seus postulados". Xa que logo, a deriva referida é falsa.
Non se trata dunha cuestión de presenza de estrelas vermellas ou non; trátase, esencialmente, da presenza de sentimento nacional ou non. Ese é o aglutinante do nacionalismo, alén de debates sobre modelos de xestión.
"Os ineterese de Galicia os defenderán mellos CIU ou o PNV que ERC que solo quere Cataluña pra sí mesma."
Dígoche o mesmo que lle dixen a Jorge: entón, CiU, coas súas reclamacións sobre o reparto dos ingresos do estado pedindo un incremento para Catalunya vai defender mellor á Galiza, non? E o PNV non quere a Euzkadi para si mesmo, os plans e referendos soberanistas non din nada ao respecto... Os pepeiriños si que vos destapades, se no canto de ir cos que foi fose cos outros estariades a esbardallar igual. Tanto vos ten o que dicir, con tal de dicir.
E ilústrame sobre o de Rosalía, que me vas a dicir? o típico de que co galego non ía a ningures? ou vas vir coa versión do artigo "Costumbres Gallegas" de 1881? Vas vir coa carta na que lle fala ao seu marido? Esa carta na que fai alusión aos ataques sufridos polo seu galeguismo por parte de elementos que coma hoxe, queren borrar todo signo de galeguidade ("en aras de la libertad", segundo algunhos... claro que se esquecen do que dixera un autor, precisamente, liberal: nalgúns aspectos o que pide a liberdade é o primeiro en querer limitala), ataques como o que ven de recibir a literatura galega da man da Deputación de Pontevedra.
Claro, ao mellor ves coa versión de Libertad Digital, e demais medios afíns que afirman que foi froito dunha traizón por parte dos seus, digamos, compañeiros de causa.
Pero os feitos son os feitos. Remítote á correspondencia entre Rosalía e o seu marido, así como ás biografías da propia Rosalía, que no seu día publicou García-Sabell, e de Murguía, publicada por Vicente Risco.
Saúdos.
PD, e espero non vises vulnerado ningún respecto.
Pareceme increible como unha persoa de Dereito poda facer este Blog e este tipo de comentarios tan sesgados e tan distorsionados e totalmente interesados, no senso propagandistico do termo.
Esta è a Alternativa da Facutade de Dereito? Sodes máis do mesmos. Voceiros reacionarios e retrogradas que a comforman!!
Menuda Xustiza.............
como jode perder eh jajaja
Cubela, yo no soy galleguista como tu, tampoco creo que el galleguismo tenga que ser la señal de identidad del partido popular. Hay que ser realista, galicia tiene dos idiomas y forma parte de la cultura española. Hay que ser gallego y español.
Rapas, farías ben en formarte e informarte, en verdade...
Seica un reformista liberal, galleguista (nótese a voz castelá) integrador (porque claro, os nacionalistas galegos sonche uns separatistas!!, que por mesclar non mesclan nen o arroz co tomate), é dicir, aquelas consignas manidas que ten na boca o señor Feijooooo e cía, vainos educar e analizar a traxectoria política dunha organización da que non ten a máis mínima idea. Non coñece persoa máis racional, intelixente, xenial e ideoloxicamente sólida que Beiras. Dicir que tentou levar ao centro esquerda moderado ao BNG é mentir descaradamente. Beiras hoxe en día personifica a esquerda dentro do BNG. A UPG...en fin é outro conto do que tampouco tes muita idea. É certo, moitos colegas diranche que son uns totalitarios, uns radicais, uns pechados de mente, mais isto é simplificar e falar en van. Xa quería o PP ter unha organización traballadora como o UPG e que non llo fagan todo os seus amigos de La Coz de Malicia, El Mundo (de yuppie), etc. Porque señor meu, o BNG non ten un altofalante como o PSOE e o PP, non deixa de ser unha alternativa política bastante máis humilde e por iso, porque representa a moitos homes e mulleres humildes, é tan perigoso par os intereses dos soberbios e arrogantes, coma ti. Falar dende a torre de cristal, aló no alto é tan fácil... Coidado, non vaia ser que ese cristal quebre...
MPG.
Si, somos galegos e españois pero non sodes vos xente de Dereito, dende a loxica xurídica:
Lex especialis deroga lex generalis!!
O especifico está por riba do xeneral asique non terxiversar as cousas o voso antoxo.
Primeiro galegos, e logo, españois...
"Disque Beiras quería levar ao BNG cara ao centroesquerda. Perfecto, demostras que non te tomaches a máis mínima molestia en furar un pouquiño no tema"
O do centroesquerda foi o único co que tiven que facer unha referencia máis concreta en qué termos me refería.
Non creo que faga falta sacar aquí que tanto Beiras como Camilo Nogueira eran constitucionais, non lles gustaba o contido, pero recoñecían a lextimidade da Constitución, cousa que non fan estes dagora; sería un bo punto nº 1.
Eu non me refiro a se o BNG ten que ser menos ou máis de esquerdas, máis ou menos nacionalista, senón ser coherente e ter a Galicia e ós galegos como referente. E servir á causa de ERC é unha absoluta desnortada para un partido que conta con bases de centro e cun partido de centro no seu alma, como o é o Tabarés.
Unha anécdota, a oportunidade de estar no movemento estudiantil deume a oportunidade de coñecer a algún profesor universitario que militara no BNG e deuse de baixa polos baibenes de orientación.
É curioso que ti poidas falar ás veces de radicalismo no PP e eu non o poida facer de cara ó BNG, cando foron amigos meus -militantes do BNG- os que recoñecen que ir con ERC foi o maior error da historia do partido.
CIU e PNV -non son nada devoto deles, polo menos dos segundos- son partidos que dentro do nacionalismo non foron sectarios á hora de defender posturas de esquerdas ou dereitas, senón simplemente á causa nacional da que facían fervor. Aínda que iso non me guste, é moito máis estratéxico para o BNG que aliarse con ERC e Aralar, excisión de HB -hónralles condear a violencia, pero o que non quita que sexan de extrema esquerda-. Polo contrario, do PNV e de CIU, que son partidos nacionalistas pero con tendencia ó centro.
Precisamente, foi ese radicalismo de esquerdas o que fixo que CIU e algúns sectores do PNV non apoiasen a entrada do BNG na súa candidatura... algo debería dar a reflexionar. Dentro do malo, os votantes do BNG preferirán sempre ao PNV e a CIU que a ERC e Aralar.
Gustaríame saber que opinión mereceríache que o PP pactase unha lista con Democracia Nacional, que ó tempo noutro extremo é o mesmo que ERC... porque se de violencia poñémonos a falar pódoche dar unha disertación de ameazas e palizas de xóvenes desa organización a membros de NNGG de Cataluña e actos nos que intervía Boadella a favor de Cidadáns.
Eu necesitarei rigor, pero ese rigor é o que emprego para falar con liberdade, con sinceiridade e dicindo o que opino, o outro, cando non gustan as opinións é demagoxia.
Tevye, fixen este artigo coa finalidade de conseguir o que conseguín contigo, que moitos non vexan a deriva do BNG,o cal me entristece, porque antes que nada son galego, e cantos máis contribúan a servir a Galicia con forza será ben para todos.
"Moderación... esa palabra coa que vos enchedes os que logo lle dicides aos dos comites que vos chuchen certa parte da vosa anatomía, que todo se acaba sabendo... "
Poderíasme concretar iso de que todo se vai sabendo... e quen lle dixo a algún caf iso de chuchar?
Eu non teño medo a nada nin a ninguén porque para iso dixen sempre o que pensaba e cal era a miña postura en tódolos temas de Dereito, polo que ó mellor ser tan claro é a clave de que a xente confíe nun, e non noutros.
Ao último anónimo, aquí non se está falando de perder ou gañar. De feito, se te fixas, as referencias a resultados electorais están na entrada de Jorge, non nos comentarios subseguintes, non sendo o teu claro (non só hai que saber perder, se é que se perdeu algo, hai que saber gañar tamén, e ti non es un exemplo, precisamente).
Do que se estivo falando foi da veracidade, ben parcial, ben total, de certas afirmacións que Jorge fixo, razoando a resposta. Es ti capaz de razoar a resposta?
Saúdos.
na anterior resposta referíame ao anónimo que comezou dicindo "como jode perder eh jajaja"
"Non creo que faga falta sacar aquí que tanto Beiras como Camilo Nogueira eran constitucionais, non lles gustaba o contido, pero recoñecían a lextimidade da Constitución, cousa que non fan estes dagora; sería un bo punto nº 1."
Como? Recoméndoche unha relectura de Beiras, como "A estrela na palabra". Tal vez vexas as cousas dun xeito distinto.
Sobre os vaivéns no BNG... acontece que o BNG non é un partido ao uso, é unha organización frontista en cuxo seo hai militantes organizados en partidos e militantes a título individual, e é a fronte a que decide cómo actuar. E ao que non lle gusta vaise, como acontece en todas as organizacións, sexan ou non políticas.
Segundo vexo, CiU e PNV gústanche máis porque son de centro, expresión que por moito que se me explique nunca chegarei a entender, pera min CiU e PNV son de dereitas (e nalgún caso elementos moi, moi conservadores); o centro non é o mellor sitio, é o máis cómodo: "nin son nin deixo de ser", a mediatinta.
E, pola súa banda ERC e Aralar non che gustan porque son de extrema-esquerda.
Moi ben, pediríache que me definises extrema-esquerda, cales son a súa estrutura e marco ideolóxicos, obxectivos de curto, medio e longo alcance... porque dáme a min que cando en certos ámbitos falades de extrema-esquerda (que, en todo caso, sería unha expresión que eu máis ben asociaría co anarquismo de Kropotkin, por exemplo), tedes na cabeza a Karl Marx, sen ter en conta todo o que, no seo da filosofía marxista, foi xurdindo, como a Teoría Crítica de Frankfurt, con Herbert Marcuse ou Walter Benjamin, ou o propio Austromarxismo con Otto Bauer ou Hilferding. Coido que deberíades de facer unha relectura (outra máis) do que entendedes por marxismo, esquerda, etc... dende un punto de vista radical, o punto de vista de ir á raíz, a saber qué demo son realmente, no canto de falar categóricamente de extrema-esquerda e demais.
Un pacto entre PP de DN sería, dende a miña óptica algo natural. Úneos o nacionalismo español, e, en certos aspectos, a ideoloxía.
Se comparasa DN con ERC é que, entón, non sabes moito de ambas as dúas forzas. Non comparto moitas das liñas de actuación de ERC, pero non creo que sexa o polo oposto de DN. E sobre a túa disertación, eu fun receptor de ameazas de militantes de NNGG, que ate, nunhas eleccións, nos meteron o coche contra os compañeiros que estabamos na beirarrúa tendo que persoarse a policía no lugar. En todas as partes se cocen as fabas.
Por outra banda, gústame que opines, pero opinar libremente non é sinónimo de rigor. O rigor, é a cualidade da acción ou opinión elaborada coa maior exactitude posible. Unha opinión emitida con rigor esixe un proceso de formación e información previa.
A demagoxia non é o que ti defines coma tal; a demagoxia é o populismo, falarlle aos estómagos no canto de aos encéfalos. Expresións como as de "non temos ningunha sigla detrás" como a que utilizástedes os de AID forman parte do amplo espectro da demagoxia. Pero é que, lamentablente, é unha práctica extendida no seo da política.
Do que ti falas, é intolerancia, e diso, demostran bastante os que se din liberais.
Non sei se entendín o que queres dicir con "fixen este artigo coa finalidade de conseguir o que conseguín contigo, que moitos non vexan a deriva do BNG". Supoño que te refires a que, segundo ti, moitos non ven que o BNG está volvendo á esquerda.
Engánaste, eu vexo, e coma min moitos máis, a deriva cara á esquerda que se lle está tentando dar ao BNG, e alégrome, porque ante unha Europa dos estados neoliberal como a que se nos presenta, é cumprida unha Europa dos pobos de corte de esquerda (para valorar tal afirmación remítote ao "One-Dimensional Man" de Marcuse).
Sobre o de chuchar, non lle tes que ter medo a ninguén, ninguén te quere silenciar... O caso é que coñezo a unha testemuña do suceso reflectido no anaco de vídeo que colgaches nunha entrada anterior sobre uns membros dos Comités increpándovos.
Resulta que esa persoa que coñezo, e que non está vencellada nin aos CAF nin a AID nin nada polo estilo, me comentou que "un gallito de AID" por empregar a súa propia expresión se puxo a increpar aos dos CAF con expresións do tipo, e xa sei que non vai resultar do máis agradable neste foro de conversa, "chúpame la polla". Eu confío na veracidade e imparcialidade da persoa que mo contou, que non creo nin que simpatice co BNG (si, os nacionalistas tamén temos amizades alén das fronteiras ideolóxicas), e a iso viña o da moderación.
Pero, vaia, se así é como vos gañades os votos, seguide nesa liña. Si, si, xa sei que non é así como os gañades, pero tiña gana de facer a graza.
Saúdos.
PD, case se me esquece; podes falar de radicalismo no BNG sempre que queiras, en ningún momento pretendin dicir que non fose así. Simplemente puntualicei o feito de que chamarlle a alguén radical, converte ao "speaker" nun radical. E cando eu falo de radicalismo no PP, fágoo dende o maior dos radicalismos: o do idealista.
Sobre o do pasillo... non vou a entrar en quen ten máis culpa, se o primeiro ou o segundo. Non sei quen dos meus compañeiros podería dicir algo así, pero en Dereito xa se coñecen a uns e a outros. A miña facultade non é reaccionaria e cando ven cales son os instrumentos que se empregan para o fin que perseguen, tumbarnos nas seguintes eleccións en Dereito quédanse sós. E que dunha facultade de 1700 alumnos non haxa máis de 10 que sintan atraidos polos insultos dos CAF hacia nós, máis as ameazas que eu particularmente sufrín e hai testemuña escrita, é evidente o que hai.
Eu son do PP con contido. Non é unha moda nin unha gaita. Eu sei porque estou no PP.
Dicir polo tanto que que por un membro visible a asociación pertence ó PP é facer demagoxia.
No AiD hai membros en NNXX, en xuventudes socialistas. Porque non pensas e reflexionas con qué consecuencias IESGA e ELGA sindicatos dos seus respectivos partidos non teñen influencia en Dereito? porque non necesitan representación, xa que nós, como independentes, abarcamos a tódolos alumnos, incluso ós dos CAF.
Contéstoche a isto simplemente, porque todo o que poida suscitar dúbidas no meu artigo está debidamente respostado nel.
Saúdos.
Non pretendía xeneralizar co do pasillo, pero non é un exemplo de moderación, precisamente.
Se por ti din que AID é do PP, o que fan non é demagoxia, é xeneralizar. Pero non pretendas dicirme que en AID non hai ideoloxía, porque, aínda que haxa xente de distintas cores políticas, sempre hai unha que acaba acadando a hexemonía. É algo que pasa en partidos políticos, sindicatos, comunidades de veciños... e digo eu que a súa opinión será tan digna de respecto como a que ti tes deles, dígoo porque sempre te esforzas por deixalos como unha sorte de grupo paramilitar ou algo polo estilo, cando menos esa é a sensación que a min me dá.
Pola miña banda, os sindicatos e organos de representación do estudantado necesitan un forte lavado de imaxe, porque na meirande parte dos casos non son máis que un froito do propio sistema universitario para baixar voces. E falo con coñecemento de causa.
Sobre a non influencia dos estudantes progresistas ou dos liberais... non son eu quen me vaia debanar a cabeza por ver o por qué. Son eles os que considerarán se deben ou non crear grupo, traballar ou non, en cada unha das facultades... guiados polos seus respectivos intereses como organizacións. Pero non creo que sexa exclusivamente polo argumento que ti das, máis ben dáme a min que ese argumento habería que propoñelo doutro xeito.
Saúdos.
E eu pediríache que me definiras que é para ti o Partido Popular e o galeguismo. Atréveste a usa-lo termo peperiño en sentido peyorativo para descalifica unha argumentación.
No acepto a Marx nin a Marcuse, eses foron realmente o opio do pobo. Eu tamén che recomendaría moitos outros libros pero non o farei porque respeto os distintos puntos de vista e non trato a niguén da forma que tí o viñeches a facer aquí.
Tampouco farei ningunha suposición sobre a túa ideoloxía nin as túias creencias. Pero tan só che direi que tí e máis eu xa debatimos fai moito tempo noutro blogue que xa non existe. E por esta mesma razón dígolle a Jorge que sega escribiendo libremente sen pararse en xente que só sabe falar acudindo unha e outra vez o marxismo, comunismo, castelao, etc.
Jajajajajaja, disculpa. Solo me puedo reír... :)
Aunque no me gusta el PP. Te doy la enhorabuena.
Un saludo. Salve Et Victoria!
http://resultados2009.mir.es/99PE/DPE1136900899.htm?d=60
81 votos a MSR n Cangas. Sorprendente, jaja.
En MSR está el secretario general de León Degrelle, con eso te lo digo todo...
"Cuando no tienen más argumentos que el insulto es que no pueden más" Leon Degrelle.
Sisar, non seguiches a liña de diálogo entre Jorge e máis eu.
Para empezar, o primeiro que acudiu a Castelao foi propio Jorge na entrada orixinal: "Igual de lexos quédanse do histórico Partido Galeguista e das teses de Castelao, Risco ou Bóveda".
Para continuar, o termo pepeiriño non estaba a ser usado nun senso pexorativo, e se ferín a túa sensibilidade de simpatizante ou militante do PP, pídoche perdón.
E menos se usou esa palabra para descalificar unha opinión, nin sequera tentei descalificar ningunha opinión. En todo caso tentei rebatila, e coido que para iso as palabras abondan.
Falas de Marx e Marcuse coma se fosen contemporáneos cando o segundo naceu xa despois da morte do primeiro. É gústame que recorras a unha cita tan manida, falo para que pareza que te documentaches ou porque che pareceu grazosa? Se lle recomendo lecturas a Jorge é dende o respecto, precisamente non o estaría a respectar se me puxese aquí a falar sen indicarlle referencias para poder afondar no tema e seguir dialogando. De feito, ollando esas lecturas pode atopar fisuras nas miñas argumentacións que doutro xeito simplemente se limitarán a un "e ti máis", no estilo desta mensaxe túa.
Eu pensaba que o do tema do respecto xa quedara claro, pero semella que quixeches darnos unha lección de prepotencia. E non te cortes recomendando lecturas, serán recomendacións sen dúbida ben recibidas. Pero xa che digo que se vés con literatura liberal, xa teño lido bastante dende Locke ata Friedman, e direiche que, aínda que discrepo con el no 99) do que di, encántame o xeito de escribir de Václav Havel, a quen tiven a oportunidade de coñecer; e resulta moi interesante o punto de vista de Hayek en "The fatal conceit"; e podería seguir barallando sobre autores de corte liberal... non me gusta falar do que non coñezo, por iso me coidei de crear un corpus ideolóxico propio lendo e comparando.
"E por esta mesma razón dígolle a Jorge que sega escribiendo libremente sen pararse en xente que só sabe falar acudindo unha e outra vez o marxismo, comunismo, castelao, etc."
Ninguén lle dixo a Jorge que deixe de escribir. Simplemente lle indiquei uns camiños para entender algunhas das cousas que critica, podendo así criticalas mellor, ou incluso cambiar de parecer.
Sobre o de pararse en xente, supoño que falar non é delicto, e polo que vexo, a Jorge gústalle falar, debater e, sobre todo, contrapoñer puntos de vista (esencia de todo debate, por certo).
E sobre "acudimentos", volvo a dicir que foi Jorge quen tocou eses temas na entrada orixinal.
Saúdos.
Castelao é patrimonio de tódolos galegos e tí non me entendeches ou non me quiseches entender coa insinuación de o marxismo é o opio do povo en crara referencia a aquela famosa frase de "Comunista e quen leu a Marx..." Pois o mesmo con Castelao.
Non vou dar lecciós a niguén pero a min nigún comentario aquí vertido me fixo "graza" e non sei ben onde radica a prepotencia.
Este artigo fíxose en clave electoral, undía despois dos resultados das eleccións. ¿Cáles crees que son pra ti as causas do FRACASO do BNG? As de Jorge eu xa as coñezo pero non as túas.
Xa, xa, e o anticomunista é o que entendeu a Marx. É unha cita tan boa como a de que "defende a liberdade aquel que non a respecta".
Agora ben, non sei ata que punto tal consideración é aplicable a Castelao. Primeiro porque Castelao non e Marx, e segundo porque dos dous de sempre, Castelao sempre se mostrou como un Rañolas.
Por outra banda, Castelao non é patrimonio de ninguén. En todo caso dos familiares que del queden. Dos galegos será patrimonio a súa obra, e na súa obra dixo o que dixo. E dubido moito que mentres presidiu o Consello de Galiza no exilio, ou mentres redactaba o Alba de Groria estivese pensando en mudar de rumbo no seu activismo político no seo do nacionalismo galego.
Tampouco dixen que che fixese graza (non entendo o entrecomiñado, é a voz normativa) comentario algún. Referíame a túa readaptación do "opio do pobo", pero xa aclaraches por qué o dixeches.
Sobre a prepotencia, dende a túa primeira intevención nesta liña de entradas deume a sensación de que estiveches un pouco como brazo censor de Jorge, incluso con iso de que non se pare con certa xente... por outra banda, entraches a cachón co das faltas de respecto e desmerecementos, e demais. A prepotencia é unha cuestión de actitude, e frases como "non trato a niguén da forma que tí o viñeches a facer aquí" son do máis recorrido no mundo dos respetuosos prepotentes.
Iso si, cando falo de prepotencia fágoo sen a máis mínima acritude. Nun debate o normal é tentar desmontar os argumentos dos contertulios, e sempre se van adoptando distintas actitudes ao longo da conversa.
Sobre o FRACASO (tampouco entendo o de poñelo en maiúsculas, dende un punto de vista comunicativo un epíteto como "estrepitoso" resultaría máis ilustrativo) do BNG, eu vexo varias causas, entre outras (sen seguir unha orde fixa):
1. O BNG vén de ser o perdedor nunhas eleccións ao goberno da Xunta.
2. O BNG vén de saír dunha asemblea nacional na que houbo posturas moi enfrontadas, a saber, a opción +BNG coa súa pretensión de uniformidade e a de ApU e Encontro Irmandiño que, a pesares das diferencias, pretendían manter o modelo frontista. Foi unha asemblea que abriu debates internos que fan que a reactivación da militancia leve o seu tempo.
3. Houbo unha grande abstención, como xa dixen nun comentario a outra entrada de Jorge, o resultado do PP é moi bo, unha indiscutible maioría absoluta, pero unha maioría que representa a menos do 25% do electorado convocado as urnas.
4. O BNG aínda está a pagar a mala xestión que durante a campaña ás autonómicas fixo ante os ataques de elementos como J.L. Baltar, a base de calumnias e demais.
5. O BNG está a pagar a súa deriva cara o centro por parte do electorado nacionalista de esquerdas que ata hai uns anos vía no BNG o seu referente.
6. Estamos ante unhas eleccións tan particulares como son as europeas. Dende os medios de comunicación, e dende a propia campaña de PP e PSOE tentouse crear unha visión bipartidista dos comicios. Así mesmo, hai un forte continxente de voto útil que vai tanto para PSOE como para PP; non esquezamos que dende o comezo se presentaron como unhas eleccións primarias ao goberno de España.
Saúdos
en galego no existe o "Y", ponme nervoso velo escrito
Tevye o de graza o digo por esta frase na que comezas creo que o teu segundo comentario "Faime graza cando os pepeiriños ..." e creo que con esta entrada falar de prepotencia non ten moita base.
Cambiando de tema eu entrei pra comentar sobre os resultados electorais do BNG que creo que a todos nos sorprendeu bastante e encontreime con outro tipo de debate que non estou pola labor de abrir pola súa inmensa extensión.
A análise que fas vai na liña do que eu tamén penso que sucedeu e ahí coindimos. Creo que os nosos puntos de vista difiren a hora de entende-la política. Eu penso que a política a marca o cidadán e hai que escoitalo e cara él deben dirixirse todas as medidas. Intentar facer política coa ideoloxía por diante (sexa cal sexa) penso que non é a mellor opción para intentar gobernar para todos, que é o obxetivo que todo político debe ter como punto de mira. ó servicio o pobo.
Encantando e un saúdo
Para comezar, creo que xa deixei claro que pepeiriño non o utilizo en senso pexorativo, digo pepeiriño igual que digo bloqueiro ou upydeiro... digamos que o emprego coma unha sorte de xentilicio de partido.
Sobre o da prepotencia perdón se te ofendín co comentario, pero erras na relación que estableces entre esa frase miña e o ese concepto que tanto semella ofenderte. Pero acontece que expresar que algo che fai graza, che resulta curioso, anecdótico... para nada ten que ver con unha actitude prepotente. Máis ben ao contrario, expresións dese tipo non buscan calar ao interlocutor (como si o faría unha actitude acorde co concepto en cuestión) senón que buscan unha resposta, buscan que o debate non decaia. É un matiz pequeno, pero os matices son sempre importantes.
Paréceme estupendo que entrases para debater sobre os resultados do BNG, pero concordarás no feito de que a entrada de Jorge non se limita realmente a comentar eses resultados, senón que tamén expón o seu punto de vista sobre a situación interna da propia organización. Ambos os dous debates caben dentro das respostas á súa entrada.
Ninguén falou de facer política coa ideoloxía por diante. Obviamente son os cidadáns os que elixen aos seus gobernantes, por usar esa palabra, se ben non é do meu agrado, e son os gobernantes os que teñen que responder ante os cidadáns. E aí, Sisar, é onde xoga o seu papel a ideoloxía, porque ante a mesma petición, distintos políticos, de distintas cores, darán distintas respostas, sexan atinadas ou non.
A ideoloxía non é simplemente un corpus teórico de estruturación social. A ideoloxía parte dende a mesma conciencia da persoa, marcando o seu comportamento para cos demais, e a súa actitude ante a sociedade e o mundo. Se hai algo que se ten demostrado dende a socioloxía e a antropoloxía é que o ser humano é incapaz de abstraerse da súa concepción do mundo, da súa superestructura ideolóxica; sempre valoramos e xulgamos os fenómenos sociais, culturais, políticos, deportivos (por afastados que estean de nós, ben no tempo, ben no espazo) dende os nosos puntos de vista; e cando actuamos en resposta a eses fenómenos, facémolo dacordo cos nosos valores persoais, coa nosa ideoloxía.
Pero ben, aí podería falarse sobre a desvirtuación do significado das palabras, e filosofar longo e tendido, pero simplemente sería barallar de semántica.
Saúdos.
jaja se continuamos xa entramos no debate do relativismo, un saúdo Tevye e non me ofendín pra nada pero eu tamén quería explicarte o porqué da miña apreciación.
Publicar un comentario