viernes, 8 de enero de 2010

Pensando en Castelao


Houbo un home que no último discurso que deu en vida clamaba pola esperanza de vencer un cancro de pulmón co único obxectivo de seguir na ardua defensa da súa terra e do galeguismo organizado no exilio.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

A súa é unha figura moi utilizada e, ás veces, desprestixiada polo uso manipulado que fan da súa senlleira persoa algúns grupos independentistas -a quenes convido a defender a Castelao, mais non ao seu patrimonio-, aínda que, ben é certo, tamén foi descontextualizada polos partidos estatais.

Unha das armas que usan "os buscadores da liberación nacional de Galiza -UPG-" é a visita que Castelao fixo á URSS ao mesmo tempo que gardan baixo chave certos parágrafos de Sempre en Galiza que poderían xustificar as súas reclamacións ideóloxicas "procastelaoistas", esquecendo a ardua defensa do nacionalismo vasco que é de dereitas, da sociedade conservadora, dos foros e a defensa do "federalismo hespañol", coa que fai gala Castelao.

Para moitos, a figura política de Castelao é complexa pola evolución que conforma o seu pensamento político e a súa figura dentro do galeguismo ata convertérense no seu principal valedor.

Castelao tivo os seus primeiros contactos coa política no Partido Conservador de Antonio Maura, que, por certo, era un partido moi de dereitas, proclive ás autonomías de Cuba e Porto Rico.

Asentado en Pontevedra, funda no ano 1916 a Agrupación Local das Irmandades da Fala.

Crea xunto a Risco a Revista Nós, de onde sairá todo o esquema ideolóxico dos galeguistas do primeiro tempo do Partido Galeguista, fundamentalmente formado por persoas de centrodereita.

Castelao, Risco e Otero Pedraio son figuras ás veces manipuladas como a propia historia do galeguismo, que algúns tratan de vencellar e aislalo soamente ao independentismo ou tamén nacionalismo de esquerdas, cando isto é totalmente falso por arriba e por abaixo.

O Partido Galeguista da primeira hora aínda que tivese un amplo grupo de esquerda moderada, non foi un partido de esquerda radical, era maioritariamente de centrodereita, e non era independentista como nolo venden os únicos que hoxe en día dan permiso para ser galeguistas. O Partido Galeguista traballou para transformar España nun Estado Federal onde Galicia xogase un papel fundamental como Estado Federado dentro do que chamaban "Hespaña", todo iso, un programa político infinitamente distinto ao proxecto marxista e de independencia política que amparan partidos como a UPG, corrente dominante do BNG, en oposición a outras correntes máis achegadas ao centro como o PNL ou máis moderados como Máis BNG.

Por exemplo, en canto manipulacións, está a profetización que algúns señores fan da versión política de Vicente Risco, polo que lles convidaría a participar na lectura dos textos do ourensán, que hai dos anos 20 e 30, a todos eses baluartes da "U", pretendentes ao trono do seu legado intelectual, para que coñezan de propia man o que Risco opinaba dos partidos marxistas, o cal non significa que o comparta, pero convén expoñelo para non se confundir.

Froito diso, a obra de Risco, consecuentemente, tanto entón como agora, foi falseada e ocultada.

A Castelao rifárono propios e non tan propios pola súa transcendencia xeral.

Particularmente, nunca foi unha casualidade que Manuel Fraga afirmase na etapa máis galeguista do seu mandato que "Castelao era o ideólogo do seu partido e que si vivise militaría na súa formación".

Nos termos dos actuais partidos galegos, eu, do mesmo xeito que o profesor Alonso Montero, non encadraría en ningún partido a Castelao -tampouco no BNG-, e si mesmamente eu tivese que facelo nun, sería en algo próximo a unha idea socialocristiá, a algo próximo a unha CiU en Galicia, e como tamén a min me gustaría, a un PP fortemente galeguista. Nunca a un BNG guiado desde a sombra por un partido como a UPG, que merece o noso respeto, mais non a nosa adhesión, xa que considero que o marxismo hoxe en día non contempla unha praxis e uns principios ideolóxicos adecuados funcionalmente aos nosos tempos e menos para un partido que é hexemónico dentro do nacionalismo galego.

Moitos dos parágrafos de Sempre en Galiza (obra sempre debatida á de Teoría do Nacionalismo Galego de Risco como Biblias do galeguismo) son odas ao capitalismo e, en concreto, ao capitalismo vasco.

-Foi un firme federalista e un gran crítico do centralismo das esquerdas republicanas. O proxecto político que defende Castelao é unha Galicia federada dentro dunha España na que se integraría tamén Portugal, pero nunca na defensa dunha Galicia separada, cunha autodeterminación que daquela tiña outro significado.

"Somos xenerosos ante España e o seriamos moito máis ante un estado peninsular organizado en réxime federal; pero somos intransixentes ante Castela".


"Para nós non hai máis que unha república viable: a que se basea no libre consentimento das nacionalidades que integran España. Damos por ben mortas á primeira e segunda República e esperamos á terceira. Esta terceira República será federal si quere ser definitiva".

"O que máis nos doe é que os compañeiros de desterro seguen soñando coa República do 31, causa indirecta da nosa dor".

Como todos sabemos é moi crítico coa "dereita castellanista" do mesmo xeito que o é coa esquerda centralista. Non sei se podemos dicilo, pero tanto esquerda como dereita poden coller pizcas dos pensamentos de Castelao.

Dada a miña opinión sobre a súa figura, totalmente debatible, no sesaxésimo ano da súa morte, para a maioría, é unha persoa que transcendeu ideas de partidos para convertérense no precursor e emblema da nosa Autonomía, como así o atestiguan as Medallas Castelao, creadas para celebrar a chegada dos restos do seu corpo a Galicia.

Para rematares, a súa personalidade debe ser defendida como legado e non como xustificación ideolóxica de esquerdas ou dereitas desvirtuadas hoxe en día da época na que lle tocou vivir a un home do seu tempo, cando Galicia escribíase politicamente con minúscula.


*Breves incisos.


Abordando o que estes días ocupa a tódolos teimudos coma min e que pensamos que o Galego é de todos, vouvos deixar unhas verbas moi integradoras dun bo amigo do Deza, que nomea a Castelao cunha das súas citas históricas e que se gañou nomem propio no mundo galego.

“Pois si, rotundamente, o galego é de todas e de todos, é a alma dun pobo de traballadores e empresarios, de políticos, xornalistas e financeiros, e de xentes de toda condición social con ampla visión das necesidades do seu pobo reflectidas de base no seu propio ser”. Isto moita xente non o entende, e síntense envergoñados.

“É dos militantes do PP, do PSOE, do BNG; é de conservadores, liberais, socialdemócratas e marxistas; é dos que como
Castelao pensamos que “sendo galego non podo ser máis que galeguista”.
Cuiña dixit.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Castelao murió como Sabino Arana, dando vivas a España.

Rafik dijo...

Grazas pola referencia ao rapaz de Lalín. Faltouche dicir que Castelao tiña fondo pensamento cristián.

Parabéns

Anónimo dijo...

Eres de derechas igual que Cuiña.

Castelao de derechas? vaya pobredumbre de pensamientos.

Anónimo dijo...

"O alicerce máis fermoso que pode acariciar unha nación é a súa lingua".

Vicente Risco dixo.

Anónimo dijo...

El nacionalismo es comparable a la politica al paganismo en la religión ...

M.Saitmarine

Manuel dijo...

"Se ainda somos galegos e por obra e gracia da lingua" dixo Castelao

Semella que ese galeguismo que o PP di defender non entende tal.

Castelao non fala dunha España na que se integre Portugal, fala dunha Hespaña, hai un lixeiro matiz. Hespaña é, en definitiva, a península ibérica; España é unha construción do imperialismo castelán.

Pode que Castelao defendese o nacionalismo vasco de dereitas, pero é que era o que en esencia había. Aínda así, teño que lemrarche, Jorge, o escudo que Castelao deseñou para Galiza?
http://www.terra.es/personal/castelao/escudo.gif
Non sei ti, pero eu vexo un fouciño, unha estrela... unha proclama que reza "denantes mortos que escravos"... en fin, que a súa ideoloxía semella aparecer bastante definida.

E alén diso, estás dándolle voltas a esquerdas, dereitas, centros... pero esqueces o esencial, o os membros do PG non son fundamentalmente de centro dereita, son fundamentalmente nacionalistas. De feito, na primeira Asemblea Nazonalista de 1918, sinalan explícitamente que a "verba rexionalismo non representa todos os seus anceios" para Galiza, polo que se proclaman dende entón e por sempre nacionalistas.

Podes darlle as voltas que queiras, pero un PPdeG sucursal dun PP español non vai representar nunca nin un pouco do galeguismo de Castelao.