sábado, 18 de septiembre de 2010

Por Cotobade, todo por Cotobade

Hai momentos nos que hai que tomar decisións transcendentais que non poden permitir respostas ambiguas ou difusas cando corren tempos pouco aventurados para confiar nos malos políticos.

Este xoves, nunha asamblea dos populares de Cotobade, coa presencia de Rafael Louzán e Begoña Estévez, fun proposto polos militantes e simpatizantes como candidato á alcaldía do meu pobo co respaldo unánime dos asistentes, uns 150.

Coa responsabilidade e a serenidade mental que require unha decisión deste calado, porque redirecciona a miña vida en 180º, asumo o reto encomendado polos meus compañeiros, moitos deles triplicándome en idade.

Os tempos que se aveciñan serán de moita reflexión e diálogo con todos e cada un dos militantes de Cotobade.

Encomio a xenerosidade, a entrega por este partido e a súa unidade interna de Luís Samartín, Portavoz Municipal, e de José Barros, Vicepresidente Local, persoas que avogaron pola reunificación do PP e de Independentes de Cotobade nas pasadas eleccións municipais. O seu exemplo marcará a nova etapa que comeza e a, que espero, futura vitoria popular será en gran parte ao seu labor neses cometidos.

Sempre terei presente o exemplo transmitdo polo meu pai ao longo destes anos de confianza e fondas conrversacións políticas que me obligan moralmente a non defraudar a ese conxunto de persoas que antano o deron todo polo noso Concello.

O 21 parto unhas semanas a Italia, á volta espéranos un tempo de duro traballo e esforzo.

Por Cotobade, todo por Cotobade.

No hay comentarios: