martes, 20 de septiembre de 2011

LOUZÁN COMPROMETE A CUBELA O APOIO DA DEPUTACIÓN PARA CONSTRUIR UN CAMPO DE TIRO OLÍMPICO EN COTOBADE, ÚNICO NO NOROESTE PENINSULAR

Ubicaráse en 20 hectáreas de terreo comunal na parroquia de Borela

LOUZÁN COMPROMETE A CUBELA O APOIO DA DEPUTACIÓN PARA CONSTRUIR UN CAMPO DE TIRO OLÍMPICO EN COTOBADE, ÚNICO NO NOROESTE PENINSULAR





O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manifestou hoxe ó alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, o compromiso da institución provincial para apoiar financieiramente a construcción dun campo de tiro olímpico, que sería único no noroeste peninsular, en 20 hectáreas de terreos comunais na parroquia de Borela (Cotobade).

O compromiso da Deputación foi expresado no curso dunha xuntanza de traballo do presidente Louzán co alcalde de Cotobade, Jorge Cubela. No encontro, Louzán acordou tamén a inversión de 155.000 euros para mellorar camiños en diversos puntos do concello e realizar tarefas de saneamento neles.

A construcción dun campo de tiro olímpico en Borela (Cotobade) é unha iniciativa do alcalde Cubela e dos comuneiros de BOrela, que hoxe presentou o anteproxecto ó titular da Deputación. Ubicaráse en 20 hectáreas de terreos dunha comunidade veciñal de montes en mán común, en Borela, que xa puso os terreos a disposición precisos para un proxecto que conta con gran apoio social polas posibilidades de xeneración de emprego e reactivación económica que ofrece. Os terreos están nunha zona de caza intensiva, hoxe bastante degradados, de xeito que a actuación prevista será absolutamente respetuosa co Medio Ambiente.



Louzán comprometeu a participación da Deputación, con fondos propios, nun proxecto que ronda a inversión de medio millón de euros e para cuio desenvolvemento xa está constituida unha Agrupación Polideportiva de Tiro Olímpico.

No hay comentarios: