viernes, 23 de septiembre de 2011

O Conselleiro, Agustín Hernández, ENTREGOU VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA E SUPERVISOU A POSTA EN SERVIZO DA ESTRADA CAMPO LAMEIRO-SAN XURXO DE SACOS



O conselleiro de Medio Ambiente destacou a importancia da actuación na estrada PO-231, na que se levou a cabo unha reforma integral para a mellora da seguridade vial.

HERNÁNDEZ VISITOU OS CONCELLOS DE COTOBADE E CAMPO LAMEIRO, ONDE ENTREGOU VIVENDAS DE PROMOCIÓN PÚBLICA E SUPERVISOU A POSTA EN SERVIZO DA ESTRADA CAMPO LAMEIRO-SAN XURXO DE SACOS.

§ As vivendas entréganse en réxime de aluguer e construíronse en madeira na súa totalidade. Ademais, contan cun captador de enerxía solar, o que as converte nun referente de emprego de enerxías limpas que repercuten na calidade ambiental do entorno.

§ As melloras levadas a cabo na estrada PO-231, que une Campo Lameiro con San Xurxo de Sacos ao longo de 6 quilómetros, consistiron nunha mellora da seguridade vial e significou unha inversión de 1,5 millóns de euros

§ O conselleiro resaltou a importancia destas actuacións, que permiten mellorar a calidade de vida dos máis de 6.500 veciños desta área xeográfica

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, visitou hoxe os concellos de Cotobade e Campo Lameiro, onde o Executivo autonómico vén de facer unha inversión de máis de 2,5 millóns de euros na construción de cinco vivendas de promoción pública, en réxime de aluguer, no lugar de Cabanelas - Viascón, e na posta en servizo da estrada Campo Lameiro-San Xurxo de Sacos (PO-231), dúas actuacións que supoñen unha importante mellora na calidade de vida dos máis de 6.500 veciños desta área xeográfica.

As cinco vivendas teñen características similares e son de diferente tamaño; dúas delas, de 88 m 2útiles cada unha, son de tres dormitorios, e as outras tres, de 49 m 2, son dun só dormitorio as cinco contemplan ademais un rocho, garaxe e porche, ademais de cociña e baño. A renda mensual das vivendas cun só dormitorio será de entre 105 e 112 euros e nas de 3 dormitorios será de 194 euros.

O máis salientable das estrutura das vivendas é que están feitas de madeira na súa totalidade e contan cun captador solar colocado sobre a cuberta do garaxe, que se complementa coa caldeira e o acumulador de enerxía. Polo tanto, trátase dunhas vivendas sostible, o que as converte nun referente de emprego de enerxías limpas que repercuten na calidade ambiental do entorno. O pavimento das vivendas é de carballo macizo, colocado sobre formigón armado e o seu exterior tamén está revestido de piñeiro do país, que reforza a madeira de carballo, e a cuberta é de grava colocada sobre o panel de madeira. No interior, as paredes están feitas de revestimentos a base de rechapados de de eucalipto.

Mellora da estrada PO-231

Agustín Hernández desprazouse posteriormente ao concello de Campo Lameiro para asistir a posta en servizo da estrada que une as localidades pontevedresas de Campo Lameiro e San Xurxo de Sacos (PO-231), despois das importantes melloras en seguridade vial levadas a cabo nesta vía. Esta actuación supuxo un investimento de 1,5 millóns de euros.

O obxectivo destas obras, executadas ao longo dun treito de 6 quilómetros, foi levar a cabo unha actuación integral de mellora da seguridade de vehículos e peóns, para elo, fíxose unha isleta no punto quilométrico 2+789, ademais da execución dunha senda peonil de 200 metros de lonxitude, que conecta coa igrexa de San Miguel. Así mesmo, rebaixouse a rasante no p.q 6+640, para facilitar a visibilidade dos vehículos que circulan por esta vía.

Por outra banda, reforzouse o firme e mellorouse a sinalización nas interseccións coas que conta este treito da estrada; concretamente, na intersección coa PO-223, no desvío a Praderrei e na conexión coa N-541 en San Xurxo de Sacos.

Por último, o conselleiro de Medio Ambiente resaltou a importancia destas actuacións, que permiten mellorar a calidade de vida de preto de 6.500 veciños dos concello de Cotobade e Campo Lameiro.

No hay comentarios: