jueves, 29 de septiembre de 2011

O concello de Cotobade adherirase á rede de dinamización lingüística para cooperar coa Xunta na promoción do galego


Cotobade, 29 de setembro de 2011.- O Concello de Cotobade adherirase á Rede de Dinamización Lingüística para cooperar coa Xunta na promoción da lingua galega. Así llo expresou hoxe o alcalde da localidade pontevedresa, Jorge Cubela, ao responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, no encontro institucional que ambos mantiveron na casa do concello.

Durante a reunión, o secretario xeral presentoulle ao alcalde os principais obxectivos da Rede, que busca favorecer o diálogo permanente entre as administracións autonómica e local na dinamización e na promoción da lingua galega. Polo tanto, esta iniciativa –á que xa están adheridas preto de cen entidades–, quere ser un de punto de encontro a través do que coordinar a responsabilidade compartida da normalización lingüística entre os concellos e a Xunta de Galicia.

Anxo Lorenzo agradeceulle a Jorge Cubela o compromiso de Cotobade coas accións de fomento do galego impulsadas pola Xunta. Ademais do seu apoio á Rede, o concello tamén colaborou recentemente coa secretaría xeral na difusión dunha iniciativa para promover entre os máis novos a aprendizaxe do xadrez en galego, a través dos manuais da colección Xadrez para Todos.
..

No hay comentarios: