
A deputada provincial, Ana Isabel Vázquez, fixo entrega dunha colaboración económica de 12.200 euros á parroquia de Rebordelo que terá por obxecto a reparación do campanario da igrexa que fora derrubado por un raio. No acto de entrega estivo presente o alcalde de Cotobade, Jorge Cubela.
Deste xeito a Deputación Provincial cumpriu o compromiso que establecera o seu presidente, Rafael Louzán, cos veciños deste lugar. Compre recordar que a igrexa de Rebordelo é un templo de orixe románico e conserva o antigo ábside, reutilizado como sacristía.
No hay comentarios:
Publicar un comentario