lunes, 2 de enero de 2012

Cores Tourís analiza co alcalde de Cotobade as necesidades de mellora do saneamento de Tenorio

Pontevedra, 2 de xaneiro de 2012.-









O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, recibiu esta mañá ao alcalde de Cotobade, Jorge Cubela, con quen analizou as necesidades de mellora no saneamento e no subministro de auga na parroquia de Tenorio.

Segundo lle transmitiu Cores Tourís ao rexedor, nos próximos días acudirá un técnico da Xunta co obxectivo de buscar solucións ao problema de seca que sufre esta parroquia de Cotobade, en especial, durante os meses máis cálidos do ano. “A escaseza de auga pode deberse”, segundo explicou Jorge Cubela, “a problemas de captación, polo que creemos que podería ser conveniente incrementala dende o río Lérez, aínda que iso terán que decidilo tras un estudo exhaustivo da situación na zona”.

Por outra banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén analizou co alcalde de Cotobade a necesidade da instalación dunha depuradora en Tenorio. Nestes intres, tal e como lle avanzou Jorge Cubela a Cores Tourís, o concello está a redactar un proxecto para a execución desta obra.

Axudas ao comercio
O alcalde de Cotobade aproveitou a súa visita para informar ao delegado territorial do interese do seu concello en solicitar unha subvención á Consellería de Economía e Industria a través da Dirección Xeral de Comercio co obxectivo de mellorar o centro de Carballedo.

A solicitude englobaríase dentro das axudas que este departamento autonómico contempla para a dinamización de áreas comerciais e permitiría urbanizar o entorno do centro de Carballedo que é a zona máis comercial desta parroquia, segundo explicou o alcalde da localidade pontevedresa.

No hay comentarios: