jueves, 8 de marzo de 2012

O PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPRESTRE DE CAMPO LAMEIRO E O CONCELLO DE COTOBADE COLABORAN PARA IMPULSAR AS VISITAS ENTRE ESCOLARES E ASOCIACIÓNS

Escolares de Educación Infantil do Concello de Cotobade visitaron as instalacions do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre.




A visita enmárcase nun convenio de colaboración entre o Concello de Cotobade e o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre para dar a coñecer as instalacións entre os colexios e as asociación de Cotobade.

O acordo permitirá aos alumnos e aos veciños do municipio de Cotobade participar en visitas organizadas ao parque con prezos e descontos especiais.

Os alumnos dos colexios de Tenorio e Carballedo foron os primeiros en percorrer o parque nunha visita guiada á que asistiron ademais o alcalde de Cotobade Jorge Cubela e o alcalde de Campo Lameiro, Julio Sayáns. Durante tres horas un grupo de 60 alumnos de quinto e sexto curso visitaron os petróglifos do parque, participaron en distintos talleres relacionados coa Idade de Bronce e visitaron a mostra do centro de interpretación da Arte Rupestre.

“Hai que ter en conta que Cotobade e Campo Lameiro son os dous municipios que concentran o maior número de petróglifos de Europa e que este parque é un importante atractivo turístico para a nosa bisbarra, que non podemos desaproveitar”, comentó o alcalde de Cotobade, que a adiantou a intención do concello de impulsar as visitas entre as asociacións do concello.

O obxectivo deste programa de colaboración é que o Parque Arqueolóxico dá Arte Rupestre sexa coñecido polos veciños que residen nos arredores, comezando nos centros educativos e divulgando a importancia histórica, arqueolóxica, ambiental e artística das instalacións.

No hay comentarios: