
Jorge Cubela achégase ás obras de saneamento que se están a realizar nos lugares de Pazos e Igrexa na parroquia de Carballedo, para comprobar o estado e evolución das mesmas. Esta obra está incluída dento do Plans de Inversións da Deputación Provincial de Pontevedra e que deixará conectado os lugares de Pazos e a Igrexa á rede de saneamento de Carballedo para entrar en funcionamento o máis axina posible
O Concello de Cotobade segue impulsado as inversións en infraestruturas básicas aos veciños de Cotobade de tal xeito que conten cuns servizos básicos axeitados a estes tempos e que servan para o desenvolvemento socioeconómico desta terra ademais de contribuir coa conservación do medioambiente.
Nesta visita o alcalde foi acompañado dos responsables da empresa encargada da execución da obra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario