lunes, 1 de octubre de 2007

Ponencia en educación

O pasado fin de semana acudín con amigos de NNXX de Pontevedra á I Convención NNXX de Galicia.
Previamente dérannos a elixir os grupos de traballo nos que queriamos estar.
Entre Vivenda, Infraestructuras, Asociacionismo, Política de Xuventude, Educación, Galeguismo, Igualdade e Medio Ambiente, eu tiven a sorte de ser membro da ponencia de Educación e Galeguismo, xa que entre outras cousas encontrábase connosco a que fora a primeira Conselleira da Xunta de Galicia, Manuela López Besteiro, que nos axudou en todo momento.

Propuxemos moitas iniciativas entre as que defendín que NNXX ten que denunciar as contradiccións que hai por parte do goberno de Zapatero en materia de educación. Unha asignatura como Educación para a Cidadanía, proposta polo actual goberno, non é máis que facer unha copia exacta do que ata agora se estudiaba en 4º da ESO, unha asignatura chamada Ética, e que xa defendía os principios constitucionais, conceptos morais ou teorías éticas das que tanto alardea ZP. É unha hipocresía facer demagoxia cos principios constitucionais e logo os estar vulnerando continuamente na acción de goberno. Con esta asignatura o único que está facendo o goberno é facer un intervencionismo do Estado na educación moral dos alumnos, impoñendo un modelo ideolóxico que cambia según as edicións dos libros. Propuxen criticar esta asignatura porque o PP é un partido liberal e, como tal, defende a liberdade do individuo como base da súa acción política.

Outro asunto que se tratou foi a igualdade do castelán e do galego nas aulas. Defendín que NNXX non podía dar ningún paso atrás en referencia ao galeguismo. Defendín que NNXX ten que seguir demandando un galeguismo integrador e un galeguismo sen prexuízos. Ter dúas linguas como temos os galegos é unha riqueza cultural que ten que defenderse e potenciar, nunca impoñer. Propuxen que se fagan plans de axuda de potenciación da nosa cultura en países de Ibereoámerica, onde as Casas de Galicia non están pasando unha boa situación.

Somos o partido que máis representa a Galicia e ao galeguismo. López Besteiro apreciou que nunca nos quedemos calados cando nos digan que non somos galeguistas, xa que, foron os gobernos autonómicos do PP os que potenciaron o galego no ensino, os que fixeron o decreto de Normalización linguística e porque persoas como Fernández Albor viñan do Partido Galeguista.

Saín moi contento desta ponencia na que se aprobaron medidas como que se demande Bibliotecas que estén abertas todo o día; transporte gratuito para os alumnos de educación pública; medidas para potenciar o inglés nas aulas; que se busque a integración dos alumnos extranxeiros; que se defenda a elección do alumno a escoller lingua na clase; etc...

Espero que sexa a primeira de moitas máis convencións. Saúdos para López besteiro, Fernando Carreras de Lugo, Miguel de Redondela, Laura de Chantada e aos amigos de Vigo que estiveron na mesma ponencia.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Saludos desde vigo...tienes un blog muy interesante, me alegrado mucho verte en la convencion.

Anónimo dijo...

"fin de semana", en gallego, es femenino, por lo que tendrías que escribir "a fin de semana".

Anónimo dijo...

Totalmente de acuerdo con lo de "Educación para la ciudadanía", la confección es desastrosa (he leído el texto de algún libro y como mínimo te ruborizas, es una completa manipulación de la historia) sin embargo, y muy a mi pesar (siempre he creído que la responsabilidad de educar es de los padres) creo que sí es necesaria una asignatura así (la ética es más un debate sobre temas morales que el aprendizaje de los mismos). Hace falta porque:

a)Lamentablemente los padres ya no lo hacen.

b)Ya no hay maestros, sólo profesores, debido al método de acceso lamentable y a la pérdida de poder de éstos frente a sus alumnos.

También es muy interesante todo lo que aportas sobre:

-Bibliotecas que estén abiertas todo el día (por ejemplo, mediante convenios con la universidad)
-Medidas para potenciar el inglés en las aulas

Pd: desde luego también me resulta especialmente penoso que el PP en 16 años de poder ni siquiera lo haya intentado establecer.