martes, 30 de octubre de 2007

Un Blog currado


Este é o logo, no que se pode apreciar un tramo do río Sil, no corazón da Ribeira Sacra, un dos paraxes máis fermosos de Ourense e de Galicia e que tiven a sorte de navegar nunha excursión que fixera en 4º de ESO, que "lidera" tódolos artigos do Blog da miña compañeira e amiga Blogueira de Ourense, Silvia Carreño, que ademais é concelleira do concello de Parada do Sil, en onde preside as Novas Xeracións do PP.

O seu é un dos blogs que sigo máis a diario porque, a parte de ser un dos máis actualizados, gústanme moito os aires de renovación, compañeirismo e ilusión que defende.

Foi nomeada Secretaria Executiva de Comunicación e Relacións Institucionais do comité provincial de NN.XX. de Ourense no recente congreso no que se elixiu a Israel León Presidente Provincial por unanimidade.

Coñecina na convención da Guarda, onde tamén falei con máis compañeiros de Ourense porque verdadeiramente todo o que fan é motivo de recoñecemento, e na primeira oportunidade que tiven acorraleina para dicirlle con efusividade que admiraba o seu Blog
e o que escribía nel. A súa reacción foi entre sorpresa e risas, a dos seus amigos máis a miña tamén, aínda botamos unhas risas. Ao día seguinte, domingo, despediuse de min dende lexos, é dicir, a pesar de ser sábado noite acordábase de min. jeje

Querida Silvia, devólvoche a publicación que fixeches no teu Blog sobre o meu, que foi toda unha honra para min.
A favoritos de cabeza. Un abrazo moi forte.

jorgito_cubela@hotmail.com

1 comentario:

Anónimo dijo...

non te trabuques...blogueira si...bloqueira antes morta que sinxela...Veña Silvia ..dalle caña ó Morris en Parada...fora nazisnalistas da nosa Galicia...