lunes, 11 de mayo de 2009

Revalidado co 99´1%


O PP fixo o seu Congreso, coa presencia de Fraga, Albor e Rajoy, dentro da máis pulcra unidade.

Dentro do mantemento do ideario político, a renovación alcanzou o 44% con ascensos destacados de Marta Rodríguez, ex-Presidenta de NNXX de Pontevedra, como Visecretaria, e de Antonio Miranda, como Portavoz Rexional do partido e polo tanto de facto como nº 3.

Alberto Núñez Feijoo seguirá liderando o partido tra-la consecución da maioría absoluta na Xunta de Galicia.

Alfonso Rueda e Xosé Manuel Barreiro seguirán sendo Sec. Xeral e Vicepresidente e apóstase con notoriedade por xente da provincia de Pontevedra para a dirección do partido, coa patente mostra do peso político de Rafael Louzán e Alfonso Rueda no PPdeG.

Unha fin de semana onde puiden saudar a moita xente que facía tempo que non vía e coa que só coincido neste tipo de actos máis o poder coñecer a varias persoas coas que tiña moita ilusión en falar como Manuel Fraga entre outros marcarán os meus recordos deste Congreso e as intencións por loitar por un partido e unha Galicia mellor.

2 comentarios:

. dijo...

Holaa. Soy "Ginebra".

¡Cuanto tiempo! :)

Un saludo.

Anónimo dijo...

http://www.buscate.com.mx/guia_informativa/bandera-bulgaria.gif