miércoles, 13 de mayo de 2009

Xornadas Plan Boloña "Grao de Dereito"


AiD celebra hoxe e mañán as "Xornadas Plan Boloña, Grao en Dereito" coa convalidación dun crédito de libre configuración, que xa está concedido pola Rectoría, para alumnos de Dereito.

Os contidos a impartir son:

Hoxe pola mañá:

-Obxectivos do Plan Boloña na USC, coa ponencia do Vicerreitor de Oferta Docente e Titulacións Maximo Pló.

-Retos da XUNTA DE GALICIA sobre o Plan Boloña, para a cal contabamos coa presencia do flamante Conselleiro Jesús Vázquez pero obrigas do cargo a última hora non puido vir, e acudiu na súa representación José Díez de Castro, Sec. Xeral de Universidades da nova XUNTA DE GALICIA.

Na sesión de pola tarde:

-O Grao da nosa Facultade. (Proposta)

-Os novos Plans de Estudio das outras Facultades de Dereito en Galicia, coas ponencias dos 3 Decanos da Coruña, Vigo e Ourense.

-Tamén intervirán diferentes profesores das áreas de Dereito. Profesores a favor e en contra do Plano de Dereito.

E no día de mañán:

-Distintas visións do Plan Boloña e a súa praxis por un representante do PSOE, Juan Jesús Vázquez, e outro do BNG, Carlos Aymerich.

-As diferentes oferta de Posgraos e cursos de especialización que haberá en Dereito.

E a clausura do Ciclo polo Presidente e o Secretario de Aid, Fernando Carreiras e Iván Arias, acto tras o cal convidaremos a un viño galego ós asistentes a esta actividade.

No hay comentarios: