domingo, 7 de junio de 2009

O PP volve a consolidarse como partido propio da terra




Rebasando o 50% dos votos, o PP, tres meses despois das flamantes eleccións autonómicas, consolídase como o partido con que os galegos maioritariamente se identifican unha vez máis, polo debido, segue a ser o partido da terra.

A volta á Xunta, tralo impecable e sólido liderazgo e máis a ilusión que xerou Feijoo na sociedade galega cun partido renovado, foi toda unha homenaxe e un recordo memorable para todas esas persoas que no seu día construiron e traballaron por este partido, dende Albor, pasando polo que será o Presidente por excelencia de Galicia, Manuel Fraga, e o histórico líder galeguista que xunto a Manuel Fraga transformaron Galicia, construindo o partido da terra e facendo desta Galicia a Galicia moderna do S.XXI, Xosé Cuiña Crespo, a quen esa "Galicia nai e señora" tanto o bota de menos.
Como tamén todas esas persoas de importantísima relevancia como o ex-Sec.Xeral, Xesús Palmou, alcaldes e demais cargos a disposición do PP no seu día.

Nós formamos parte do Partido Popular, e somos o PPdeG, o partido que seguen liderando ourensáns como Feijoo e pontevedreses como Alfonso Rueda.

Unindo a democratocristiáns, liberais, conservadores, etc... o PP é un gran partido.

Con estas avaliacións para Rajoy dende as eleccións galegas, vascas e, agora, europeas, dáse por confirmada a estratexia do Congreso de Valencia en clave positiva, moderada e centrada, colocando nos postos de dirección a persoas que conectan perfectamente co sentir da maioría dos militantes deste partido.

Este resultado foi trascendental para que o Pp nacional puidera gañar estas eleccións e mostrar que o Presidente do Goberno estase a equivocar na súa xestión económica e política de España e propiciar dende Galicia a conquista de toda España e poñer na Moncloa a un pontevedrés e a un galego como Mariano Rajoy.

6 comentarios:

tevye dijo...

"Rebasando o 50% dos votos, o PP, tres meses despois das flamantes eleccións autonómicas, consolídase como o partido con que os galegos maioritariamente se identifican unha vez máis, polo debido, segue a ser o partido da terra."

Con matices, Jorge, con matices. Ese 50% dos votos non representa nin o 25% do electorado galego convocado a estas eleccións. Non creo que un 25% sexa unha mostra suficiente do sentir da terra, por empregar a mesma palabra ca ti.

"Un pontevedrés e a un galego como Mariano Rajoy", Jorge, lembra o dito: a vaca non é de onde nace, é de onde pace.

Saúdos.

Anónimo dijo...

propiciar dende Galicia a conquista de toda España e poñer na Moncloa a un pontevedrés e a un galego como Mariano Rajoy.

jaajajajajajajaja

Sísar dijo...

Mariano naceu en Santiago e pace en Pontevedra.

tevye dijo...

Pace en Pontevedra? En serio? O autoengano non é a solución, hai charlas, grupos de axuda...

Unha cousa é nacer nun sitio, outra crecer noutro sitio, e outra vivir e pacer...

E ata onde eu sei Rajoy vive, e pace, en Aravaca... anda! se ata é Aravaca onde está o seu colexo electoral!

Saúdos.

Jorge Cubela dijo...

Boas Tevye, xa te botaba de menos por estes lares... espero que todo che vaia ben.

Con respecto ó que dis da participación non te vou a quitar razón, mais hai que ser precisos e dicir que os resultados que valen son os que saen das urnas, e neste caso, amigo Tevye, o PP quitou uns excelentes resultados, quizais motivados porque nin Guillerme nin o líder socialista engancharon coas súas bases.

Mariano Rajoy é tan galego coma ti ou coma min, nunca me gustaron os repartos de galeguidade. Vive en Madrid porque é onde traballa as 24 horas do día. Sei que sabes que foi concelleiro, presidente da deputación e vicepresidente autonómico. De momento por vagaxe é moito máis galego que José Blanco, Camaño, Espinosa e demais.

tevye dijo...

Eu non lle quito a nacencia galega a Rajoy, pero é que a galeguidade non se reparte.
Acontece que ti falas da condición de galeguidade dende un certo determinismo xeográfico á hora de nacer, pero é que o nacemento non determina nada.
E, sinceramente, para min o meu veciño alemán que leva 15 anos vivindo aquí, que fala galego e toca a gaita, cuxos fillos falan galego e que por onde vai se dedica a facer país (e non me refiro a Alemaña), é máis galego que calquera dos políticos que citaches, que simplemente presumen de galegos para, dende unha posición case colonial, gañar uns votos co aquel "galego coma ti", que aínda que foi un eslogan de Fraga, non foi el o único que se valeu desa estratexia.

Así e todo, é certo que o resultado do PP, en relación co número de votos emitidos, é moi bo, pero non por iso podemos obviar que a participación nin chegou ao 50%, co que ata se podería por en tela de xuizo (sen pensar nos resultados dos partidos) a validez dos comicios, porque se máis do 50% da poboación decide non votar, algo falla.
E, se ben son uns bos resultados para o PP, non podemos obviar que simplemente representan a, como moito, o 25% do electorado, e un 25 para nada e un 100.

Saúdos.