jueves, 11 de junio de 2009

POR CORTESÍA DEL BNG, ANTÓN LOSADA

Nun post anterior no que puxen un vídeo coa opinión do señor Beiras sobre o rumbo do BNG, dixen que "Non serei eu quen defenda os postulados políticos do señor Beiras, ante quen me coloco na antípodas políticas, mais creo que o que cómpre é recoñecer que foi e é unha das mentes máis previlexiadas que pasaron pola Cámara Galega".

E noutro despois do Cónclave nacionalista fago as seguintes afirmacións: "Este será o adeus definitivo a Beiras, Camilo Nogueira e outros protagonistas da historia parlamentaria e política galegas. En ideas e formulación política poden ser iguais ós demais do Bloque, pero representaban unha liña máis razoable posto que foron proclives aínda que non lles gustase a respetar a Constitución e o seu mandato -ideas que defenderon noutros tempos, que certamente non no presente-. Tamén se dilúen as aspiracións que intentara Quintana por centrar o Bloque e facelo hacia o galeguismo e non tanto hacia a deriva do nacionalismo radical e independentista da Unión do Povo Galego".

Nun partigo máis recente sobre os pésimos resultados electorais do BNG califiquei a política levada a cabo por Beiras hacia o centro-esquerda, ó mellor tiven que concretar máis esa afirmación sobre a qué me estaba a referir xa que realmente o rumbo hacia o centro-esquerda foi con Quintana, mais hai que ter en conta que foi Beiras o único que lle fixo fronte á UPG durante a súa capitanía, e non Quintana, quen se serviu do aparato da Unión do Povo Galego para manterse no poder ata que o leñazo nas autonómicas propicioulle unha longa noite de coitelos ben afiados no seo do seu partido.

Fago esta aclaración para poñervos un artigo de Antón Losada, que non é sospeitoso de non seren do BNG e tampouco de non dicir o que pensa. A continuación a súa valoración sobre os resultados electorais que non defiren moito dos motivos que eu tamén esgrimín.


POR CORTESÍA DEL BNG


Si los candidatos en la noche electoral fueran sinceros e hicieran otra cosa que intentar convencernos de ser ganadores, en Galicia, Feijóo y Pachi Vázquez habrían dado las gracias públicamente al BNG por la gentileza de cederles sin combate o disputa todo el espacio electoral preciso para poder otorgar lustre a sus resultados haciendo nada. Si hubiera justicia en la política, habrían llamado a Rodríguez, el longevo líder del BNG y de la UPG, para decirle de corazón: "Gracias Paco".

Los populares gallegos se jactan de un espectacular crecimiento porcentual de tres puntos, que se traduce en el astronómico montante de 2.733 votos más que hace cinco años y 200.000 menos que en marzo. No crecen tanto los votos como el impacto porcentual del derrumbe nacionalista. Otro porcentaje tan llamativo como irrelevante lo aporta que el PSOE ha recortado en un punto la diferencia del 1-M. Otro "gran éxito" expresado en la pérdida de 45.000 papeletas en europeas y el doble en las gallegas.

Feijóo ha mantenido sus resultados obteniendo un éxito meritorio pero relativo. No es mucho pedir a quién aún disfruta del crédito que da estrenar gobierno y carecer de rivales. Ninguno de sus oponentes pasa de estar en prácticas o de transición. Feijóo competía contra sí mismo y ha empatado. No ha logrado hacer buena pesca entre los 80.000 cedidos por sus rivales. Si no lo consigue ahora, con todo favor, algo tendrá que ver una acción de gobierno tan desconcertante casi siempre como misteriosa en ocasiones; en especial su acreditada capacidad para cabrear a una parte del país haciéndole luz de gas al gallego. Pachi Vázquez ha buscado refugio en la leyenda del voto urbano, obviando que los populares mantienen su estatus de primera fuerza. La proclamada recuperación de cinco puntos tiene causa de nuevo en la desinteresada contribución nacionalista. Los socialistas han perdido votos absolutos, sin atraer para su causa los apoyos en deserción desde el campo vecino.

Si quieren un ganador, busquen en el chiringo de Rosa Díez, progresando 10.000 sufragios desde el 1-M. Si quieren un perdedor, miren al BNG, que pierde la cuarta parte de sus votos en 2005 y el 60% de marzo. Con el agravante de que la mayoría se ha ido en las ciudades, donde está eso que Rodríguez o Beiras llaman el voto dinámico, no ese voto rural que con tanta frecuencia menosprecian. La decisión estratégica impulsada por la nueva dirección de girar más hacia la presunta izquierda, abandonar Galeusca y embarcarse con Esquerra para ir a buscar votos donde no hay, ha dejado más libre a socialistas y populares el espacio donde sí hay voto en Galicia: la izquierda y el nacionalismo moderados. Un bufé libre del cual sólo han sabido servirse estadísticamente. La decisión de preocuparse por intentar contentar a los electores perdidos en marzo, olvidándose por completo de atender a ese 16% de gallegos que dio su apoyo al proyecto de Quintana, ha traído caer por debajo de la barrera psicológica del 10%. Prescindir alegremente de su único activo electoral, el propio Quintana, sin disponer de recambio seguramente no habrá ayudado a contener la fuga masiva.

El nacionalismo afronta un serio peligro de encaminarse hacia la extinción o la irrelevancia electoral. Está en su mano. Los votantes se han quedado en casa, no se han ido con el cartero. Pero si la respuesta es la suministrada hasta ahora, se irán. Si el análisis continúa siendo que no se ha girado lo suficiente hacia la izquierda y por eso vuelve a ganar la derecha, o que por no haber virado dabondo hacia el soberanismo de salón ha ganado el neoespañolismo, el BNG caminará de victoria en victoria hasta la derrota final. Seguramente, esos electores se plantearían volver a casa, si la respuesta es jubilar a una clase dirigente convertida en el problema e iniciar la renovación ideológica hacia el nacionalismo posible que demandan y donde la mayoría no está fuera esperando a ser liberada o descubierta, sino que debe construirse por la vía del convencimiento, atendiendo sus demandas con políticas modernas y eficientes e integrando la compleja pluralidad de la sociedad que se aspira a gobernar.

ANTÓN LOSADA.

8 comentarios:

tevye dijo...

Tanta preocupación mostrada polos resultados do BNG vai acabar por facerme pensar que estás interesado e afiliarte.

A marxe diso, cando se cita a alguén non chega con dar unha vaga descrición do tipo "que non é sospeitoso de non seren do BNG e tampouco de non dicir o que pensa".

Precisamente, o Antón está a dicir o que pensa porque iso é o bo do BNG. Como che teño comentado varias veces, non se pode, coma ti fas, analizar o BNG coma un partido ao uso. O BNG non é tal, o BNG é unha fronte na que hai diversos partidos que, se ben todos teñen o denominador común de seren nacionalistas, teñen ideoloxías distintas.

Se o Antón di o que di, faino dende o seu punto de vista particular, que pode coincidir co teu, pero que non é o único. En todo caso, ata resulta triste que uses a Losada para xustificar o teu razoamento sobre o resultado do BNG que tanto semella preocuparte (afilíate, home!! :P)

Se analizamos a traxectoria de Losada, vemos que foi do PSOE, foi asesor de López Veiga cando estivo a fronte da Consellería de pesca... e comeza a militar no BNG coincidindo co ascenso de Quintana.
Ben, no pasado Cónclave (tal vez tivera sido mellor empregar a expresión que eles empregan, non cres? Asemblea Nacional, no canto de "cónclave", máis que nada porque etimolóxicamente o que esa verba significa é "o que se pecha con chave", e non parece que se pechase moito se ti demostras saber tanto das entrañas do Bloque), o Quintanismo na forma da corrente +BNG veu de non gañar ("perder" estaría mal empregado; é un pequeno matiz, o BNG é unha fronte e nesa asemblea elixiuse unha opción entre as varias que se presentaban), e artigos como o de Losada expresan o sentir de xente que non quedou satisfeita cos resultados desa asemblea.

Por outra banda, e xa para rematar, simplemente para que te fagas unha idea, a próxima vez que te coles polo buraco da chave en pleno cónclave nacionalista, mira de ver qué porcentaxe de militancia representa a UPG. Dígocho porque ao mellor pensas que a UPG se dedicou a captar xente, comerlles o coco, facer amaños como aqueles que fixera Feijóo no seu día (lémbraste da puñalada trapeira que Baltar lle dera a Cuíña? e aínda tiña a cara de dicir hai que apostar polo cabalo gañador)... se a opción na que estaba inserida a UPG, a Alternativa pola Unidade (que queres que che diga... a min paréceme un nome bastante integrador), xunto a militancia independente (o que quere dicir que militan na organización que é o BNG, mais non nalgún dos partidos que constitúen a organización, fano a título individual), está onde está, iso é porque a militancia lles votou. Foi un proceso democrático no que o pobo, neste caso os militantes, decidiron o camiño a seguir.

Saúdos.

Jorge Cubela dijo...

Boas de novo,
non sei se a ti gustaríache ou non que eu trocase de partido, pero penso que de momento o centrodereita é a miña ideoloxía, e o PP o meu partido :P pero agradézoche a suxerencia, fóra do PP tamén hai máis vida, pero como ben dixeches algunha vez, un é de onde pace.

Eu, precisamente, tratei moitas veces das diferentes perspectivas que "conviven" no BNG, non hai que ir a moitos dos meus post para velo.

O caso é que Antón Losada, días despois de facer eu a miña análise, chegamos a conclusións moi parecidas sen coñecérmonos de nada, polo que será particular, pero vexo que moi compartida por xente de fóra e de dentro do BNG.
Non vou a comentar os vaivenes´partidistas duns e doutros, porque ao igual que a xente se afilia ao BNG provindo doutros sitios, tamén os hai no PP e teñen a mesma lexitimidade para falar do PP que Antón Losada do BNG, quen ademais é polítologo e, polo tanto, presupóñolle maior doctrina ca un xurista ou un docto historiador coma ti.

Se tamén tiveramos que ir ó diccionario por todas as palabras que empregamos sen darlles unha apreciación exacta, non darían os diccionarias do Xerais... ben creo que se entendeu de a qué me refería con Cónclave, home...
Ó tema, o que eu digo é que a UPG non terá o 50% dos militantes do BNG como ti dis, pero xa ves que son eles os que dirixen, mandan, etc...

O caso é que o BNG xa cosechou uns malos resultados nas Autonómicas e uns pésimos nas Europeas...

Creo que volverei con esta tema despois das municipais... ou cres que non?

Saúdos

Jorge Cubela dijo...

Ó final, onde pón "tema" fáltame un "i" despois do "e".

Raúl dijo...

Ese ofrecimiento Jorge es lo que les queda a alguna gente que te criticó en el artículo de 26 comentarios, al tener que leer que una persona de la proyección de Antón Losada ha escrito lo mismo que tú.

Enhorabuena por tu análisis, pero, eso sí, ni se te ocurra dejar el PP, muchos te leemos, te seguimos, y te apoyamos... desde la sombra pero te apoyamos... tu y yo ya nos vamos entendiendo...

Un saludo

"Raúl"

tevye dijo...

Señor "Raúl" (o entrecomiñado da súa, digamos, sinatura que quere dicir? que actúa baixo pseudónimo?), vai ter que explicar o seu comentario.
A que ofrecemento se refire? Lendo o seu parágrafo semella que se refire a algo que dixen eu, mais non acho que pode ser.
Aínda que podería ser polo que comentei do cambio de militancia, aínda que se analiza vostede as miñas palabras, verá que non hai ofrecemento ningún.

Gustaríame que me relatase a proxección de Antón Losada. Dígoo porque semella ser vostede, se non militante, simpatizante do PP, e creo lembrar que durante o bipartito militantes e simpatizantes do PP non simpatizaban nada, nadiña, con Antón Losada. Máis ben ao contrario, empregando verbas non moi moderadas. Non vos lembrades de Rueda esixindo o cese de Losada?
O que pasa é que é unha práctica común na dereita española esa dobre vara de medir segundo o momento. Beiras pasou de ser o "tolo do zapato" a ser practicamente un santo do nacionalismo, toda vez, claro, que se viu afastado do liderado político; o Garzón era un santo cando destapaba o do GAL, pero agora co Gürtel é un inquisidor; e o Losada pasa de ser algo así como un can de garda de Quintana a ser alguén con moita proxección...

Por outra banda, o seu último parágrafo resulta algo sectario, non cre?
"eso sí, ni se te ocurra dejar el PP, muchos te leemos"
Ou sexa, que se deixa o PP xa non o van ler. Que pouca amplitude de miras, a verdade.

Por outra banda, Jorge, o feito de ser politólogo non che confire maior ou menor doutrina, tal vez che dea a posibilidade de que te contraten como analista político nalgún xornal, pero máis nada. Ademais, Losada, aínda que profesor de Ciencia Política, é Licenciado en Dereito, o que creo vas ser ti (e grazas polo de docto, pero nin moito menos...).
E sobre o que dis da valoración moi compartida, de momento, esa valoración, só lla escoitei, lin mellor dito, a dúas persoas, ti e Losada. Seguramente ti o teñas comentado con máis colegas (colegas tanto no sentido profesional como social), e terás comprobado a extensión de tal opinión, pero polo que a min respecta, dous non é mostra suficiente para tirar unha estatística.

Sobre o do "cónclave", se o dicía é porque, moitas veces, na escrita a ironía e o dobre sentido non se perciben; por iso o creador inventou as "". Non se trataba da solicitude dun exceso de literalidade.

E sobre o mandato da UPG, vaia, pois dende fóra eu non vexo tanto poder nas súas mans. Sobre todo tendo en conta que o portavoz nacional é un militante independente...

E sobre as municipais, non me gusta fabular sobre posibles futuros. Polo momento queda ano e pico de xestión do PP na Xunta, e o comezo non semella presentar un moi bo agoiro... temas como o da lingua ou a persistencia do despilfarro (á fin eses superdelegados non rebaixaron os gastos, máis ben ao contrario), ademais dos que vaian xurdindo, poderían levar a unha reacción tanto dos votantes como dos abstencionistas. Un ano é moito tempo, moitas cousas poden cambiar.
Pero, como dixen, non me gustan as fábulas futuribles.

Saúdos.

Raúl dijo...

Yo diré lo que quiera que para eso somos libres.

Lo dice mucha más gente.

Aunque Galeuscat sea la misma mierda, por lo menos el PNV y CIU no tienen jóvenes fundamentalistas que emplean la violencia como ERC...

Jorge Cubela dijo...

Raúl, ya me dirás quien eres, pero gracias por ponerte un nombre para hacer un seguimiento de tus comentarios.

Yo creo que no hubo ofeecimiento, si hubieras leído alguna vez los comentarios de Tevye podrías ver que reconoce abiertamente que soy del PP, por lo que traspasar la frontera ideológica... sería jodida o no?

saludos

Anónimo dijo...

My computer detected my iPhone, but the iTunes running on the computer did not. How do I get my music on the iPhone.
[url=http://www.goddo.no/forum/viewtopic.php?f=37&t=402]unlock iphone[/url]