lunes, 15 de noviembre de 2010

Jorge Cubela e os deputados do PP por Pontevedra denuncian a falta de compromiso do alcalde de Cotobade coa N-541

Cotobade, 15 de novembro de 2010.
  • Ana Pastor, María Ramallo, Jesús Pérez Arca e Jorge Cubela reuníronse con preto de 50 veciños para supervisar o “lamentable estado” da N-541

  • Os populares esixirán un “compromiso serio” do Ministerio de Fomento coa reparación desta infraestrutura.

Os deputados do PP pola provincia de Pontevedra, Ana Pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca reuníronse o pasado sábado co presidente do PP de Cotobade, Jorge Cubela e con representantes de diferentes colectivos veciñais do municipio no punto neurálxico das obras da N-541 que continúan paralizadas despois de 6 meses.

Os populares consideran que “nin o alcalde de Cotobade nin o Ministerio de Fomento están traballando en serio para finalizar estas obras, o que supón un desprezo absoluto por todos os veciños de Cotobade e polos miles de viaxeiros que cada día percorren esta vía, fundamental para Cotobade e para a conexión de Pontevedra co Cerdedo, O Carballiño e Ourense”.

“Manoel Loureiro só reacciona ante as críticas da oposición e dos veciños, pero as súas solucións non están resultados moi efectivas, á vista de que o Ministerio de Fomento continúa sen dar resposta ás reclamacións do alcalde a pesar de que pertencen ao mesmo grupo político”, asegura Jorge Cubela.

Ana Pastor sinala que “o remate das obras é unha necesidade imperiosa, que debería terse producido hai moito tempo se o Ministerio de Fomento actuara con responsabilidade –nunha vía de titularidade nacional- que se deteriora a pasos axigantados a pesar de que non está aínda finalizada”.

Ante esta situación, os deputados populares no Congreso Ana pastor, María Ramallo e Jesús Pérez Arca van preguntar por escrito ao Goberno pola paralización das obras e a lentitude dos traballos, que continúan sen rematar case un ano e medio despois de que se producira o gran socavón nesta estrada. Tamén esixirán un compromiso firme por parte do Ministerio de Fomento coa reparación da infraestrutura, “antes de que teñamos que lamentar algún accidente grave, que afortunadamente non se produciu aínda a pesar do estado da vía”.

No hay comentarios: