martes, 16 de noviembre de 2010

O PP de Cotobade celebra a adhesión do municipio ao proxecto Wimax Rural da Deputación

Cotobade, 16 de novembro de 2010

* Jorge Cubela xa apuntara nunha reunión de traballo a necesidade de que o concello se sumara a este proxecto
* “Isto permitirá que os veciños de Cotobade poidan disfrutar deste servizo independentemente do lugar no que vivan”, asegura Cubela


O Presidente do PP de Cotobade, Jorge Cubela, valora moi positivamente a implantación no municipio da Rede Repoblar, a través do Wimax Rural Pontevedra, proxecto levado a cabo pola Deputación Provincial para permitir a conexión a Internet en todas as zonas rurais da provincia onde non chegan as compañías convencionais e ao mellor prezo do mercado.

Nunha pasada reunión de traballo, o presidente do PP en Cotobade xa manifestara a necesidade que de o concello se sumase a este proxecto xestionado pola Deputación, “xa que moitísimas zonas de Cotobade nin sequera dispoñían de acceso a Internet”.

Jorge Cubela agradece este importante esforzo por parte da Deputación para que Cotobade poida ser un Concello competitivo coa a súa adaptación ás Novas Tecnoloxías.

Grazas a esta actuación da Deputación, as zonas de Cotobade que aínda non dispoñían de acceso a Internet e a Banda Ancha poderán disfrutar deste servizo.

O prezo, 17 euros por 1 Mb de baixada e 384 Kb de subida, está entre os máis baratos de España e permite aforrar case 100 euros ó ano.

“Isto permitirá que os veciños de Cotobade poidan disfrutar deste servizo independentemente do lugar no que vivan, podendo ter as mesmas condicións e as mesmas oportunidades de acceder á Sociedade da Información, ademais de que contribúe a que os veciños de Cotobade non se teñan que desprazar a outros concellos para poder ter acceso a Internet”, conclúe Cubela.

No hay comentarios: