viernes, 26 de noviembre de 2010

Jorge Cubela presenta na Deputación varios proxectos para Tenorio

• Cubela valorou co vicepresidente do ente provincial, as posibilidades de financiar un proxecto de abastecemento e distribución de auga para todas as casas do lugar de Vilanova.
• Ademiais, trasladou a necesidade de reformar o local no que ensaia a banda de música de Tenorio.


Cotobade, 26 de novembro de 2010.-


O Presidente do PP de Cotobade, Jorge Cubela, tras varias reunións mantidas co presidente da Comunidade de Montes de Vilanova, Antonio Castro, e o presidente da banda de música de Tenorio, Manuel Pazos. Acudiu ata a Deputación Provincial, onde se reuniu co vicepresidente J.J Durán, para presentarlle varias proxectos e trasladarlle diversas necesidades da parroquia de Tenorio.

En primeiro lugar, Cubela valorou co vicepresidente do ente provincial, as posibilidades de financiar un proxecto de abastecemento e distribución de auga para todas as casas do lugar de Vilanova. “Un proxecto prioritario e sobre todo necesario para os veciños deste lugar”, manifestou Cubela, que se comprometeu a executalo se sae elixido alcalde do municipio.

Ademais disto, Cubela trasladou ata o ente provincial a necesidade de reformar o local no que ensaia a banda de música de Tenorio, que conta cuns 40 compoñentes e 20 nenos na canteira. Cubela apuntou que “na actualidade o local de ensaio atópase nun estado lamentable de conservación, sen tellado, con humidades e cunhas instalacións moi antigas”.

Cubela considera que “Cotobade necesita de inmediato unha xestión cultural, para facela máis eficiente e atractiva para a mocidade e os veciños do concello, pois na actualidade apenas existe”.

O presidente popular, plantexou a necesidade de crear unha escola de Música en Tenorio e interesouse ademais polas subvencións que o ente provincial ten coas escolas e bandas de música, “que tan necesarias resultan para a compra de instrumentos e pagos que na actualidade asumen os pais e os compoñentes da banda de música”.

1 comentario:

jorge dijo...

Si todos trabajaran como tu jorge bastante mejor estariamos en estos momentos.

un abrazo y a por la alcaldia