sábado, 7 de mayo de 2011

Carta ós veciños

Amigas e amigos,
como candidato á alcaldía do noso pobo quero presentarvos ós compoñentes da candidatura
do Partido Popular de Cotobade, un equipo formado por persoas ilusionadas, comprometidas
con este concello e dispostas a dalo todo para situar a Cotobade no lugar que realmente lle corresponde e que actualmente non ten.

Queremos representar a Cotobade e ós seus veciños con ilusión e con orgullo e, sobre
todo, queremos poñer todo o noso esforzo e traballo ó servicio do municipio. Por iso,
tras un percorrido directo por todas as parroquias do noso concello e despois de manter
numerosas reunións e xuntanzas veciñais, dende a candidatura do Partido Popular de
Cotobade elaboramos un programa de actuación que tamén vos queremos presentar e
no que se recollen as nosas principais liñas de traballo e os obxectivos de xestión para
acadar a transformación do noso municipio. Un proxecto baseado en 10 puntos claros.
Querido veciños, queremos traballar por un futuro mellor, co compromiso firme de facelo
para todo o pobo, para que Cotobade non perda o tren do avance, para que recupere a súa
forza, a súa vitalidade e o seu peso nas administracións.
Ese é o meu único obxectivo: loitar por colocar a Cotobade no lugar que lle corresponde
na provincia e en Galicia. Mentres Cerdedo, Ponte Caldelas, Campo Lameiro, A Lama e
Forcarei medran, Cotobade leva 4 anos totalmente durmido, pero iso é o que non queren
os nosos veciños, o que queren e necesitan os veciños é ter os mesmos servicios que
os municipios do lado, o que queren é que Cotobade teña o mesmo que os Alcaldes dos
concellos do noso contorno impulsan e xestionan nos seus concellos.
Vimos a servir a Cotobade e non a ser servidos. Algo que queremos reiterar a todos os
veciños e veciñas de Cotobade.
Nós vimos a traballar a eito por impulsar Cotobade, por patear os despachos da Deputación
e da Xunta de Galicia para buscar investimentos e para atraer ó noso pobo proxectos
que nos fagan medrar.
Cotobade necesita ter novas ilusións, e por iso queremos contar co teu apoio o vindeiro
22 de maio.

COTOBADE

Jorge Cubela
Candidato á Alcaldía polo Partido Popular

No hay comentarios: