domingo, 15 de mayo de 2011

Políticas sociais, da muller, atención infantil, vivenda

POLÍTICAS SOCIAIS, DA MULLER, ATENCIÓN INFANTIL, VIVENDA

• Creación dunha concellería dedicada a servicios sociais.
• Cesión de terreos á Xunta de Galicia para a construcción dun Centro Médico novo en Carballedo
para atender ás parroquias da zona alta do Concello.
• Mellora do acondicionamento nas inmediacións do Centro Médico de Tenorio.
Jorge
Cubela
COTOBADE
• Creación dun Centro de Día ou residencia en Carballedo.
• Local social para a 3ª Idade, con salas de reunión, ocio e esparcemento en Tenorio, e alí onde
se colicite.
• Cursos de ocio e de lecer para as Asc. De Xubilados.
• Programa de Axuda no Fogar para maiores.
• Programa Xantar na Casa: O Xantar na Casa constitúe un servizo de comida a domicilio que
pretende facilitar e garantir unha alimentación equilibrada e de calidade adaptada ás necesidades
das persoas maiores e/ou dependentes.
• Estadías temporais en residencias públicas: Enténdese por estadía temporal a permanencia
en réxime de aloxamento, manutención e atención integral nun centro xerontolóxico residencial
público por un período de tempo predeterminado.
• Programa de vacacións para persoas maiores do imserso: Estadías en zonas costeiras,
Viaxes culturais para coñecer a Historia e a Arte de España, Turismo de natureza con rutas
por paraxes pintorescos, Intercambio con outros países.
• Recoñecemento da situación de dependencia
• Tramitación de prestacións económicas ás persoas maiores.
• Creación do Centro de Información á Muller no Concello de Cotobade: Información e asesoramento
xurídico gratuíto a todos os veciñ@s, Atención psicolóxica gratuíta a todos os
veciñ@s, Atención específica a mulleres vítimas de violencia de xénero.
• Reforzamento de equipamentos e mobiliario para a Escola Infantil de Tenorio.
• Creación dun punto de atención á infancia en Carballedo.
• Apoio a familias con ou en situacións carenciais graves con menores a cargo.
• Tramitación da Prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores
de 3 anos.
• INCLUSIÓN SOCIAL: Axudas aos veciños con baixos ingresos para infravivenda:
Subvencións a fondo perdido ós veciños para a solución do problema das infravivendas rurais,
de xeito que as familias e unidades convivenciais con baixos ingresos que as habitan poidan
acadar unha vivenda digna conservando a súa integración social co medio.
• Reducción de impostos sobre bens inmobles a persoas con rendas inferioes ó salario mínimo
interprofesional.
• Promoción de Vivendas de Protección Oficial.
• Rebaixa do prezo da licencia de obra para os menores de 30 anos, empadroados en
Cotobade.

No hay comentarios: