lunes, 11 de julio de 2011

Pedro Puy reuniuse con Jorge Cubela no Parlamento



O VOCEIRO DO GRUPO POPULAR ANUNCIOU HOXE AO ALCALDE DE COTOBADE A PRESENTACIÓN DUNHA INICIATIVA PARLAMENTARIA PARA BUSCAR UNHA SOLUCIÓN DEFINITIVA PARA A N-541



■Na Proposición non de lei se pide a reanudación inmediata das obras de reparación, paralizadas polo Ministerio de Fomento fai mais dun ano, e que se instale unha adecuada sinalización do lugar, tanto diurna como nocturna en aras de garantir a seguridade vial


■O afundimento da estrada no punto quilométrico 82, á altura da Ponte de A Rocha, se produciu xa fai dous anos e os continuos retrasos levaron aos veciños a consideralo o “burato da vergoña”


Cotobade, 11 de xullo 2011.- O voceiro do Grupo Popular, Pedro Puy, mantivo hoxe unha reunión no Parlamento co alcalde de Cotobade, Jorde Cubela, a quen lle anunciou a presentación dunha iniciativa parlamentaria encamiñada a buscar unha solución definitiva para a N-541. A Proposición non de lei, presentada esta mañá, vai encamiñada a que a Xunta de Galicia inste ao Ministerio de Fomento a proceder a reanudación inmediata das obras de reparación no punto quilométrico 82, executando unha solución definitiva aos corrementos de terras.

O Grupo Popular considera inaceptable a paralización das obras por parte do Ministerio de Fomento fai mais dun ano sen ter explicado as causas da mesma e sen que exista perspectiva de reanudación das obras. Os deputados populares recordan que o afundimento da estrada no punto quilométrico 82, á altura da Ponte de A Rocha, se produciu xa fai dous anos e os continuos retrasos levaron aos veciños a consideralo o “burato da vergoña”.

Na reunión co alcalde de Cotobade tamén estiveron presentes o voceiro de Infraestruturas do Grupo Popular, Gómez Alonso, así como o deputado Jacobo Moreira que recordaron que esta non era a primeira vez que o firme deste vial se viña abaixo pois xa se producira o mesmo feito en outubro do 2006 o que provocou o peche total da estrada durante unha semana.

Na iniciativa popular tamén se incide na situación actual de perigo que supón para o tráfico rodado e os peóns polo que se solicita que se instale unha adecuada sinalización do lugar, tanto diurna como nocturna, en aras de garantir unha maior seguridade vial na zona.

No hay comentarios: