miércoles, 20 de julio de 2011

A Xunta traslada ao concello de Cotobade a súa plena colaboración para axilizar a redacción do Plan Xeral

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas Díaz, trasladou esta mañá ao alcalde de Cotobade, Jorge Cubela López, a colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para axilizar a redacción e tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) deste concello pontevedrés.

Na actualidade, o plan xeral atópase en fase de redacción e a previsión do Concello, tal e como lle trasladou Cubela López a Rivas Díaz, é envialo á Xunta en outono para que a Secretaría Xeral emita o informe previo á aprobación inicial.

Entre os puntos tratados na reunión, destaca a modificación puntual do polígono industrial en Salgueiros, que no plan levará unha ordenación detallada que permitirá implantar empresas na zona, que a súa vez xere emprego; e o ámbito no que se instalará un campo de tiro olímpico en Borela, que non terá ningunha afección ambiental. De feito, o plan xeral conta co documento de referencia da avaliación ambiental dende principios deste ano.

O Goberno galego concedeu subvencións destinadas á redacción do PXOM por un importe de máis de 150.000. O concello de Cotobade contratou en abril de 2009 a redacción do pxom e, na actualidade, conta cunhas normas subsidiarias de planeamento aprobadas en febreiro de 1997.

..

No hay comentarios: