Un cando chega á maioría de idade sabe perfectamente que se lle abren novos camiños polos que percorrer na vida, un deles é o da participación política, un dereito inalienable de calquer individuo.
Estou firmemente convencido que tódolos políticos nalgún rincón do seu corazón buscan o ben das persoas, mais non sempre actúan conforme á transparencia que debería de caracterizar a actividade política e as decisións dos gobernantes de turno.
Nesta falla de compromiso e transparencia hai moitos exemplos aquí, na nosa terra de Galicia.
Sempre se escoitou que o PP era o partido de Madrid, que só respondía ós desexos de Génova, confundíronse estes autores con tal afirmación.
Esas críticas que tanto vincularon certos periodistas e políticos deberían de facerse hacia outras formacións que aspiran a dirixir as rendas deste páis, como a que lidera o señor Touriño.
O pp nunca fixo o dobre xogo de dicir unhas cousas e logo votar outras diferentes. O PP non vota en Galicia a favor de impulsar as infraestructuras e logo vota no Congreso dos Deputados en contra das mesmas mocións, como fixo o PSOE, ¿por que?.
A falta de transparencia se dá cando se apoian infraestructuras para o país e logo se vota a favor da ministra Álvarez como fixeron o PSOE e o BNG, que cortou as execucións de obras para Galicia, ¿por que non vén a Galicia a facer campaña se tanto fixo como di Touriño?.
O PP non vota a favor do Decreto do Ensino, e logo di que está a favor do bilingüismo harmónico, como fixo o PSOE.
O PP non vota en Galicia a favor de impulsar as infraestructuras e logo vota no Congreso dos Deputados en contra das mesmas mocións, como fixo o PSOE.
Se o PSOE vota en Galicia unha cousa e logo no Congreso dos Deputados outra, e o PP se mantén leal en Madrid a Galicia, as cousas son como son, o PP é o único que apoia e defende as necesidades dos galegos, sen prevalecer os intereses de partido, xa que antes están os cidadáns e os seus problemas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario