Onte en edición dixital e hoxe en edición escrita en La Voz de Galicia "Ministras para esquecer", carta aberta ós medios de comunicación.
Magdalena Álvarez, volveu burlarse de Galicia na comparecencia que protagonizou no Congreso ao evitar concretar unha data para o remate das obras do AVE de conexión coa Meseta.
Sorprende que a ministra negase a existencia dun compromiso concreto para rematar a conexión de Galicia coa Meseta por AVE, cando ela mesma votou, hai catro anos, a favor dunha resolución que poñía como prazo o ano 2009.
É un feito que Magdalena Álvarez leva humillando durante o seu mandato os intereses de Galicia e incluso a propia dignidade dos galegos.
Non hai ningún ministro na democracia con peor balance que a ministra.
A pasada lexislatura foi a máis nefasta en materia de infraestruturas para Galicia:
Ave:
- 0 Kms de AVE electrificados
- 0 Kms de AVE en funcionamento
- o 73% do AVE galego aínda se atopa en fase de estudio ou proxecto
- 3 de cada 4 kms de tren de alta velocidade seguen en estudio ou proxecto, é dicir, sobre o papel.
Unha ministra para esquecer.
1 comentario:
Una ministra que el señor Zapatero decidió volver a normbrar para continuar su maravillosa gestión.
Publicar un comentario