O Consello da Xunta de Galicia deu aprobación onte ó convenio entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello para a primeira fase do saneamento do rural de Pontevedra, por un importe global de 5.714.285,71 euros.
Este primeiro convenio deriva do protocolo xeral de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente e o Concello o 10 de outubro de 2006. Abrangue obras que se reparten a razón de 4 millóns de euros para a Empresa Pública da Xunta, que se encargará do trazado dos coelctores primarios, e 1.714.285,71 euros para o Concello, para seguiren a ampliar a rede secundaria.
A Xunta licitará as redes de sumidoiros das parroquias de Tomeza IV fase (780.705 euros), Lérez V fase (962.779), Cerponzóns II fase (276.060 euros), Mourente III fase (1.374.591) e Ponte Sampaio III fase (605.863 euros).
Xa tratara o tema do protocolo para o saneamento do rural en varios artigos.
Despois daquel 10 de outubro de 2006 no que se asinara o protocolo, é dicir, fai máis de ano e medio, aínda non comezaron as obras demandadas polos veciños dos barrios e das parroquias do rural, onde en moitos lugares fai máis de 10 anos que non se realizan tarefas e obras, por exemplo, para conectar os tubos do alcantarillado, que sendo como é Pontevedra unha capital de provincia resulta "tercermundista".
O concelleiro do rural, o señor Valcárcel, dixo que durmirá máis tranquilo sabendo que o convenio por fin se porá en marcha.
É un dos poucos concelleiros que vexo preocupado polos temas do seu departamento e se lle nota, pero aconséllolle durmir ben, porque coñecendo os desaires do Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, hacia Pontevedra é para seguir durmindo mal, e cun par de "valerianas".
No hay comentarios:
Publicar un comentario