miércoles, 25 de junio de 2008

Rajoy, os tempos do meu pai, os bipartitos e o centro.




Aínda que eu non puiden estar en persoa no Congreso do PP de Valencia, sí estiven co corazón.
Eu sei que ó mellor as miñas posturas non son nada relativistas sobre os meus principios
políticos, e isto máis dalgún non chega a entendelo, pero eu que lle vou a facer...
Non son vello, pero tratar de mudar as miñas costumes e os meus principios a estas alturas da vida é moi difícil, crédeme. Máis, vindo dalguén que mamou a política dende a cuna, pero a verdadeira política de rúa, que era a que existía antes en Galicia.

Eu vin nun home o que era estar non 15 días, senón 4 anos en campaña diaria, falando cos veciños, preocupándose polos seus problemas, convencéndoos e facendo xestión. Eran aqueles tempos en que nunha corporación municipal se tiñan 10 concelleiros de 11, como era o deste caso (non llo digades a ningén pero era o caso de Cotobade), pero coa UCD e logo co PP.
Eran os tempos en que non habían bipartitos como os de agora. Eran os tempos en que soamente tiña soldo o alcalde e os concelleiros a penas percibían mil pesetas por ir ós plenos. Incluso, cando o meu pai, ó ser primer tenente de alcalde durante 16 anos, tivo que exercer como alcalde en funcións nalgún momento, non recibía nada e menos o pedía. Eran os tempos dos "ladróns".

Agora son os tempos dos bipartitos. Dos soldos duplicados, para 3 concelleiros con 1200 euros de soldo ó mes cada un (nun concello de 4800 habitantes e por non facer nada), máis o soldo do alcalde de 3000 euros. Agora son os tempos dos "honrados".
E como o deste caso, decenas... Pontevedra, Ourense, A Coruña, Cangas (conglomerado de forzas antagónicas), Poio...
Para min é a verdadeira política, a do contacto directo, porque é a máis noble, a relación directa coa xente, co pobo. Moitos políticos cando chegan ós coches oficiais olvidan que eles están postos pola xente e a eles a quenes se deben.

En España son moi poucas as ocasións que un político gaña as eleccións polas súas intervencións parlamentarias, non digo que non sexa máis ben un problema dos medios de comunicación, pero iso na práctica só ocorreu con plena eficacia no vello parlamentarismo inglés.

Con isto quero dicir que as eleccións se gañan na rúa expoñendo os programas e convencendo.

Non creo nos partidos de notables nin de enchufados, eu creo nos políticos que como Rajoy lle dixo a Zapatero "ya es hora de abandonar políticas de diseño y ponerse a trabajar con la camisa remangada".

Eu non vexo positivo o cambio de postura do PP porque téñalle tirria a persoas en concreto do PP, que non a teño; para min Esperanza Aguirre non é de extrema dereita como algúns periodistas de Prisa trataron de ver facer. Para min é unha muller dos pés á cabeza, unha verdadeira persoa que traballa para os cidadáns, pero fóra de Madrid non ten moita puxanza, e Madrid non é España, é parte dela.

Recuperar a influencia perdida en comunidades como O País Vasco, Cataluña e devolver ó único partido que traballou en serio e con responsabilidade pola nosa terra á Xunta de Galicia, o Partido Popular, vai a depender das políticas polas que se aposten e a intención que haxa de contar con todos. Perdón, no idioma progresí hai que dicir todos e todas.
Frente a exclusión, integración e constitucionalismo. Frente á radicalidade, moderación, diálogo e principios.

O BNG é un rival, non un enemigo. Pero hai que dicir que é un e quen é o outro.
Rajoy ó mesmo que xa dixen nun artigo que me gusta moito e que fixera xa algún tempo coa foto de Suárez ""El centro-reformista es el futuro" mantén que o centro non é unha ideoloxía, senón unha actitude.

Ser de centro non é abandoar o ideario do partido, senón fortalecelo cos principios da moderación, do diálogo e da tolerancia.

Algo perfectamente asumible por todos.
Repito, por todos e todas.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

"Con isto quero dicir que as eleccións se gañan na rúa expoñendo os programas e convencendo."

pois mandalle unha sms que xa tronzou dúas veses.

Anónimo dijo...

O PP do Raxoi vai pro ca......

Anónimo dijo...

Algún tipo de complejo?... Cuando alguien repite constantemente "yo soy de centro" es que no lo tiene muy claro...
Según el viejo dicho popular: dime de lo que presumes...

Anónimo dijo...

Ti es un pouco novo de máis, non? Dígoo porque parece que non tiñas moita memoria hai 5 ou 10 anos ou sofres amnesia voluntaria. Gustaríache facer lembranza? tampouco se trata diso, só hai que escarvar un pouco na actualidade sen saír, por exemplo da Deputación de Pontevedra: que che parece que un simple chófer dun presidente provincial se converta á volta duns anos en empresario revelación facendo as changas da institución que preside o seu xefe? Hai que ter moita cara para escribir isto:

Jorge Cubela dixit:
Eran os tempos en que non habían bipartitos como os de agora. Eran os tempos en que soamente tiña soldo o alcalde e os concelleiros a penas percibían mil pesetas por ir ós plenos. Incluso, cando o meu pai, ó ser primer tenente de alcalde durante 16 anos, tivo que exercer como alcalde en funcións nalgún momento, non recibía nada e menos o pedía. Eran os tempos dos "ladróns".

Agora son os tempos dos bipartitos. Dos soldos duplicados, para 3 concelleiros con 1200 euros de soldo ó mes cada un (nun concello de 4800 habitantes e por non facer nada), máis o soldo do alcalde de 3000 euros. Agora son os tempos dos "honrados". E como o deste caso, decenas... Pontevedra, Ourense, A Coruña, Cangas (conglomerado de forzas antagónicas), Poio...
Para min é a verdadeira política, a do contacto directo, porque é a máis noble, a relación directa coa xente, co pobo. Moitos políticos cando chegan ós coches oficiais olvidan que eles están postos pola xente e a eles a quenes se deben.

Anónimo dijo...

A mí lo que me parece grave es que el alcaldiño del pueblo o de la ciudad tenga que poner el sueldo a 4, 5,6 concejales más para que pueda haber un pacto de gobierno. Amiguiños sí pero a vaquiña polo que custa...

Lores y Casal se suben el sueldo cada año. Sobre eso el pp debería ejercer más presión, porque es un auténtico despilfarro.

Yo creo, Jorge, que los que tienen cara son los que defienden o los que se callan de los casos como los que tú espones del ayuntamiento de tu padre.

Con Rivas Fontan y Pedrosa en Pontevedra había la mital de concejales xupando, ahora el doble.

Tristemente triste.

Anónimo dijo...

jaja diselo a tu jefe! que por lo que parece le gusta mas el show a lo americano que patear calle convenciendo a la gente...

Sísar dijo...

Como dijo Soraya "además de ser de centro hay que parecerlo". Ya lo héramos pero el enquistamiento en determinados asuntos nos desvió del camino marcado.

El pateo de Telmo por Pontevedra fue monumental y de traca, yo eso pude vivirlo y nunca había visto nada igual.

La apertura de delegaciones de atención al ciudadano, como la de Vigo y la inminente de Pomtevedra van en el camino correcto en mi opinión. Hay que acercarse al ciudadano todo lo que se pueda e ir a donde se nos llama aunque en esos sitios no seamos bien recibidos.

Nel o que dís non ten pes ni cabeza, si tes probas de que se beneficiou do seu cargo xa sabes onde hai que ir. O contrario é difamación e calumnia gratuita. Coñezo a algunga xente sen estudios que son empresarios coma a copa de un pino. O aprendizaxe está no que un queira e nas gañas que lle poña. Persoalmente paréceme moi mal pensar así dunha persona porque sexa chofer o do Pp. Sin ir máis lexos Ismael Rego, portavoz do PSdeG-Psoe era camioneiro e para min é todo un orgullo que unha persoa así logre facerse camiño.

E por último decir que a mensaxe de Jorge creo que diríxese a todos os afiliados do Pp. Porque moito se presume de que son 700.000 pero a hora da verdade na rúa sempre están os mesmos. ¿No he así Jorge?

Sísar dijo...

éramos que ya me saldrá alguno

Anónimo dijo...

"Ser de centro non é abandoar o ideario do partido, senón fortalecelo cos principios da moderación, do diálogo e da tolerancia"
¿que significa moderación?, arrodillarse?, tolerancia ¿a que?, a la situación que están viviendo algunos en Pais Vasco?, me niego, ¿a una crisis que se podría haber suavizado si no fuera por la pésima política económica?, me niego,a la implantación de una asignatura que obedece a un adoctrinamiento de una forma de pensar, me niego, ¿al enfentamiento creado por el gobierno entre pueblos, regiones y gentes por el agua, por la ley de memoria histórica, por la lengua?, me niego, al despilfarro de la mejor herencia económica que jamás ha recibido un gobierno en España?, me niego. Podría seguir así el tiempo que quieras. Habrá cosas en la que hay que tener tolerancia y moderación pero es que la situación actual no está para tolerancias ni moderaciones, todo lo contrario. Me refiero a todas las cosas graves que estamos viviendo, ¿hay que enumerartelas?...

Andrés Álvarez dijo...

http://zapateronovayas.blogspot.com/

Anónimo dijo...

Menos mal Ssar que corregiste lo de "Héramos" porque duele a la vista...

Y otra cosa: si normalmente no hablas en gallego, no quieras quedar bien escribiéndolo aquí, porque después haces el ridículo ("non He así" César?)

Sísar dijo...

Suelo hablar en gallego con mi familia pero sinceramente desde COU casi nunca lo he escrito.

Lo que dice el anónimo sobre el centro es que estoy de acuerdo en todo punto por punto y las comparto y defiendo.

Como dijo Mariano: "El centro no es una ideología, es una actitud" El individuo por encima de los territorios. Esto conlleva a aplicar las medidas que mejor se estimen oportunas en beneficio de la personas.

Anónimo dijo...

Sísar, intentáchelo, pero non foches moi hábil. Intentar levar e ler as miñas palabras cara ao determinismo polo cal unha persoa sen estudos (neste caso, un chófer, eu non sei se ten estudos, iso dilo ti) non pode chegar a ser un empresario de éxito é desviar a atención sobre o dito. Por suposto que pode. Fíxome en que é moi curioso que o chófer do presidente da Deputación, que ademais é veciño del, pasa da noite á mañá a ter un capital nada desdeñable porque os seus negocios paralelos medran a conta das obras públicas do organismo que preside o seu xefe. Entenderás que por moito que sexa legal o concurso cheira que fede. Tamén a nai do fillo do muiñeiro, Cuíña, tiña un capital próximo aos dous mil millóns de pesetas. Este mesmo home tiña parte en Mahían Inmobiliaria, causante do destrozo e especulación urbanística na comarca de Compostela.

E cando non chegan os cartos do soldo sempre aparecen xentiña como Barral o de Ribadumia, Vioque de Vilagarcía, Gondar do Grove, aquel ex-NNXX da Illa... metendo as mans na fariña e outrso mesteres, xa me entendes.

Son cousiñas que me veñen á lembranza... falar por falar.

Sísar dijo...

Nel la expresión despectiva "un simple chófer" no la digo yo.

Tb afirmas con contundencia que se convierte en empresario revelación "facendo as changas da institución"

Son afirmacións gratuitas que sin pruebas ya sabes que nombre tiene eso.

Lo dejo ahí. Una persona es libre de decir lo que quiera, pero cuando se entromete en el derecho al honor de otro ciudadano está incumpliendo la constitución y por lo tanto la Ley.

No conozco personalmente de nada a esas personas que nombras y por lo tanto no las defenderé más que el simple hecho de denunciar desde el mismo medio que utilizas que todo eso que dices es una opinión tuya personal y que dicha opinión puede atentar contra la dignidad de la persona.

Coma tí mesmo dís: falar por falar.