Para o PPdeG, as diferentes noticias sobre CITROËN, unha das principais empresas galegas, demostran a inestabilidade pola que está a pasar o sector e a necesidade de que se actúe.
- O sector da automoción está en crise e, neste momento, temos máis de 50.000 empregos afectados en empresas fabricantes de vehículos, distribuidoras e industria auxiliar de Galicia.
- O problema que ten o sector é que os cidadáns non poden mercar coches. Trátase pois dun problema do sector e dun problema dos cidadáns porque teñen reducido o seu poder adquisitivo drasticamente.
- Diante desta situación, Feijóo avoga por actuar nunha dobre dirección:
- axudando ao sector, apostar por el coma un sector estratéxico da nosa economía;
- e axudando aos cidadáns, para que poidan chegar a asumir gastos que agora non se atreven a levar a cabo.
3 comentarios:
Ola Jorge, antes de nada "felisiano" aínda que xa levemos uns cantos días deste 2009. Vaia, e ola logo de tanto tempo.
Hai crise, diso non hai dúbida; aínda que estou dacordo con Anguita niso de que a principal causa da crise é a noticia de que hai crise.
Non obstante, no tocante ao sector da automoción en Galiza, é moi sinxelo dicir: "apostar por el coma un sector estratéxico da nosa economía". E como? Creando unha demanda artificial? Mercando coches oficiais que non sexan audis? Vaia, Quintana leva un Citröen...
E tamén é sinxelo dicir "e axudando aos cidadáns, para que poidan chegar a asumir gastos que agora non se atreven a levar a cabo". Outra vez, como? Coa típica promesa de reducción de impostos? Eliminando a imposible de eliminar peaxe Lalín-Santiago herdanza de Núñez Feijóo (e si, isto podería ser considerado demagoxia)?
O problema tamén pode ser que se leve anos producindo máis automóbeis dos que o mercado precisa.
O ano pasado "só" se produciron 440000 vehículos en Citröen Vigo, e dubido moito que fosen fabricados para atender o mercado galego. E aínda que o fosen, cres que en Galiza se van mercar 400000 Citröen nun ano? Hai que ter en conta que non só de Citröen roda o home, e é que son moitas as marcas, son moitos os modelos...
"O problema radica en que a xente non ten diñeiro para mercar" din algúns. Vaia, e por que Citröen non ofrece mellores prezos? E non quero dicir que teña que perder cartos, tan só ten que deixar de querer gañar tantos como quere.
O caso é que estamos a asistir ao colapso do capitalismo, estamos a ver como aquelo de que a busca do interese individual leva ao interese colectivo que sae da boca dalgúns que se din liberais non é certo; estamos a ver que, á fin, papá estado ten que poñer as mans no asunto.
Por outra banda, e sen ter moito que ver co tema, gustaría de saber cómo xulgas ti o feito de que en Galiza o Núñez Feijóo, e o PP, veña dicindo que de haber debate este ten que ser a dúas bandas, deixando fóra ao BNG, mentres en Euzkadi Antonio Basagoiti e o PPE digan que un debate a dúas bandas, deixando fóra ao PP, non é democrático.
Non sei, pero soa un pouquiño contradictorio, non?
Unha aperta,
Tevye
Desgraciadamente hay cosas que muchos sabemos que serán inevitables. Cada vez somos menos rentables para multinacionales por que ahora hay otros paises más viables para que se vayan a producir allí como en su momento lo hicieron en España. El gran problema es que la industria no es nuestra y hemos tenido unos años de bonanza en la que un gobierno no se ha preocupado en lo más mínimo por avanzar en este sentido. Todas sus esfuerzos se han basado en lo que ahora más que nunca se entienden como frivolidades y enfrentamiento social.
No hay más que justificar la supresión del ministerio de agricultura para implantar uno para la igualdad. ¿Por que ese desapego a todo lo productivo?, ¿de donde piensan sacar los fonods para los gastos de estos nuevos ministerios si deshechan preocuparse por la situación cada día más precaria de nuestros agricultores y otros sectores como los pescadores?.
¿Quien habla ahora de lo que nos está costando retornar todos los inmigrantes?¿era necesario legalizar millones de personas y ahora ofrecerles dos años de paro por adelantado para que se vayan?. ¿Por que se actuó tan irresponsablemente con la política de "papeles para todos" cuando el sistema no era sostenible?. Nunca pensé que tan pronto se demostrara tan descaradamente las consecuencias de una pésima política de inmigración.
¿Alguien se cree que el gobierno no sabía nada de la crisis antes de las elecciones?. Prometieron el oro y el moro, medidas y más medidas que suponen un incremento de la deuda pública pero parece que a algunos hay que recordarles que esto lo tendremos que pagar.
Es alucinante
Un saludo señor Cubela.
Publicar un comentario