lunes, 11 de mayo de 2009
Congresos do BNG
Unha fin de semana moi movida en canto a Congresos se refire.
Polo BNG, foi a eterna maioría da UPG a que continuará coas rendas internas da formación multipartidista. O pontevedrés Guillerme Vázquez fíxose coa maioría de membros da dirección nacionalista co 55% dos votos, seguido polo Voceiro Parlamentario Carlos Aymerich, quen representou nestre cónclave a modernidade dentro do Bloque, mais non a moderación, para min a cal non ostentou ninguén e dubido que o faga no futuro dende as bancadas da oposición.
Este será o adeus definitivo a Beiras, Camilo Nogueira e outros protagonistas da historia parlamentaria e política galegas. En ideas e formulación política poden ser iguais ós demais do Bloque, pero representaban unha liña máis razoable e académica.
Tamén se dilúen as aspiracións que intentara Quintana por centrar o Bloque e facelo hacia o galeguismo e non tanto hacia a deriva do nacionalismo radical e independentista da Unión do Povo Galego.
Penso que esta historia non parará aquí...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Penso que é o comezo da fin. Despois de todo Vázquez non é máis que un mascarón de proa de Mosquera, o eterno tapado.
Terá sido un cambio pró ben da sociedade galega.
Publicar un comentario