viernes, 5 de noviembre de 2010

JORGE CUBELA TRASMÍTELLE A LOUZÁN AS PRINCIPAIS DEMANDAS E NECESIDADES DE COTOBADE NUNHA XUNTANZA DE TRABALLO

Cotobade, 5 de novembro d 2010.


O presidente da Deputación, Rafael Louzán, mantivo unha xuntanza de traballo co Presidente do Partido Popular en Cotobade, Jorge Cubela, que solicitou esta reunión co obxecto de trasladarlle ó titular da entidade provincial diversas necesidades do municipio e demandas dos seus veciños.
En primeiro lugar e como actuación “de máxima urxencia” Cubela solicitou a mediación de Rafael Louzán coa Xunta de Galicia, concretamente coa Conselleira de Sanidade, para trasladarlle a necesidade de construír un novo centro de saúde en Carballedo para dar servizo ás parroquias da zona alta de Cotobade. “O actual está moi deteriorado e precisaría unha reforma integral moi custosa”, dixo Cubela que propón a execución dunha nova edificación”. Precisamente, indicou esta “será unha das miñas prioridades de traballo para o municipio”.

Campo de fútbol e internet

Cubela plantexoulle ó Presidente da Deputación a necesidade de dotar dunhas gradas dignas ó Campo de Fútbol de Caroi.
Cubela tamén se interesou polos programas da Deputación para a construción de campos de fútbol de céspede artificial de última xeración, e para a dotación da rede wimax.

Sobre o campo de fútbol Jorge Cubela declarou que “ os equipos de A Lama, Ponte Caldelas, e Campo Lameiro disfrutan actualmente dunhas instalacións dignas para a práctica do fútbol, mentres que os de Cotobade dispoñen dunhas moi deterioradas e antigas”. Cubela trasladoulle a Louzán a súa intención de presentar tanto na Deputación, como no propio Concello unha proposta para remodelar o campo de As Extremas con cargo a este plan.

Con respecto ó proxecto Wimax, Cubela tamén pretende solicitar ó Concello que se adhira a este plan da Deputación que permite a chegada de internet a aquelas zonas rurais onde non chegan as compañías convencionais, “pola falla de xestión do goberno municipal que fixo gala dunha auténtica deixadez para dotar de internet a todas as parroquias do concello”.

Chan industrial

Outra das necesidades que o responsable do grupo popular lle trasladou a Louzán foi a necesidade de crear chan industrial e por extensión postos de traballo en Cotobade, algo que Cubela ten por prioritario. Sobre este respecto o presidente da Deputación comunicoulle a Cubela que a entidade provincial conta cun departamento específico, o IPESPO, para a promoción de chan industrial da provincia, a través do cal se estudandiará a posibilidade de desenvolver un primeiro polígono no lugar de Salgueirós, entre San Xurxo de Sacos e Viascón.

Finalmente, Cubela trasladoulle a Louzán diversas demandas das Comunidades de Montes de Vilanova; San Xurxo de Sacos, principalmente relativas á captación de mananciais, subministro de augas etc.

2 comentarios:

ROA dijo...

Grande JORGE ¡¡

Anónimo dijo...

Moi ben Jorge, segue así, verás os frutos!!

Por certo, voute a presentar un par de candidatas a alcaldesa jaja