sábado, 9 de febrero de 2008

Política encuberta


O desaloxo das familias do Vao sen unha alternativa, pola incapacidade de xestionar o tema con humanidade, está extendendo as súas consecuencias a Pontevedra.

Onte mesmo, os veciños de MontePorreiro saían á rúa para protestar pola chegada de tres familias do Vao sen previo coñecemento dos veciños do barrio.

La Voz de Galicia publica hoxe o seguinte:

"El alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, aseguró el jueves que hasta el día anterior no tuvo conocimiento del realojo en su municipio, pese a que el regidor de Poio, Luciano Sobral, también es del BNG y a que la compra del inmueble se financió con fondos aportados por la Consellería de Vivenda, cuya titular, Teresa Táboas, también es del BNG".

As tres administracións, Concello de Poio, Concello de Pontevedra e Consellería de Vivenda, limpanse as mans a costa dos veciños de Monteporreiro, provocando ademais un conflicto de rexeitamento coas familias de etnia xitana procedentes do Vao.

O motivo polo cal os veciños rexeitan a chegada de familias do Vao é porque aseguran que será un foco de droga, como no seu día o foi o Vao, ademais de porque o edificio onde van a ser realoxados está moi próximo a un instituto, polo que pódense producir trapicheos con facilidade ás portas do mesmo instituto.

É inaudito a gravedade do asunto, xa que non me creo que o Concello de Pontevedra e o seu alcalde non tiveran coñecemento do tema, aínda máis gardando as boas relacións cos compañeiros do seu partido político que están ao fronte das administracións de Poio e de Vivenda.
Se o Concello de Poio adquire un edificio de Vivenda no Concello de Pontevedra, penso que o asunto tiña que estar ben sabido por todas as partes, xa que o tema do realoxo é ben coñecido e de suma relevancia social como para que non o souberan.

O que non poden facer é mentir á cidadanía para tapar a lamentable situación que crearon entre os desaloxados do Vao e os cidadáns de Monteporreiro por tratar de solucionar con oscurantismo un tema que fai 5 meses xa tiña que estar amañado, porque vense afectadas as propias familias do Vao, que son tratadas como animais e mercancías polos políticos de turno, e os veciños de Monteporreiro, enganados e perxudicados pola política encuberta das tres administracións.

2 comentarios:

Sísar dijo...

Pues yo si me creo que Lores no estuviese enterado. Si nunca se entera de nada y esta es una prueba más del poco peso que tiene el actual alcalde de Pontevedra.

Anónimo dijo...

Desde ese punto de vista te doy la razón.
Ya se sabrá la verdad.