
Aínda que eu non puiden estar en persoa no Congreso do PP de Valencia, sí estiven co corazón.
Eu sei que ó mellor as miñas posturas non son nada relativistas sobre os meus principios políticos, e isto máis dalgún non chega a entendelo, pero eu que lle vou a facer...
Non son vello, pero tratar de mudar as miñas costumes e os meus principios a estas alturas da vida é moi difícil, crédeme. Máis, vindo dalguén que mamou a política dende a cuna, pero a verdadeira política de rúa, que era a que existía antes en Galicia.
Eu vin nun home o que era estar non 15 días, senón 4 anos en campaña diaria, falando cos veciños, preocupándose polos seus problemas, convencéndoos e facendo xestión. Eran aqueles tempos en que nunha corporación municipal se tiñan 10 concelleiros de 11, como era o deste caso (non llo digades a ningén pero era o caso de Cotobade), pero coa UCD e logo co PP.
Eran os tempos en que non habían bipartitos como os de agora. Eran os tempos en que soamente tiña soldo o alcalde e os concelleiros a penas percibían mil pesetas por ir ós plenos. Incluso, cando o meu pai, ó ser primer tenente de alcalde durante 16 anos, tivo que exercer como alcalde en funcións nalgún momento, non recibía nada e menos o pedía. Eran os tempos dos "ladróns".
Agora son os tempos dos bipartitos. Dos soldos duplicados, para 3 concelleiros con 1200 euros de soldo ó mes cada un (nun concello de 4800 habitantes e por non facer nada), máis o soldo do alcalde de 3000 euros. Agora son os tempos dos "honrados". E como o deste caso, decenas...
Pontevedra, Ourense, A Coruña, Cangas (conglomerado de forzas antagónicas), Poio...
Para min é a verdadeira política, a do contacto directo, porque é a máis noble, a relación directa coa xente, co pobo. Moitos políticos cando
chegan ós coches oficiais olvidan que eles están postos pola xente e a eles a quenes se deben.
En España son moi poucas as ocasións que un político gaña as eleccións polas súas intervencións parlamentarias, non digo que non sexa máis ben un problema dos medios de comunicación, pero iso na práctica só ocorreu con plena eficacia no vello parlamentarismo inglés.
Con isto quero dicir que as eleccións se gañan na rúa expoñendo os programas e convencendo.
Non creo nos partidos de notables nin de enchufados, eu creo nos políticos que como Rajoy lle dixo a Zapatero "
ya es hora de abandonar políticas de diseño y ponerse a trabajar con la camisa remangada".
Eu non vexo positivo o cambio de postura do PP porque téñalle tirria a persoas en concreto do PP, que non a teño; para min E
speranza Aguirre non é de extrema dereita como algúns periodistas de Prisa trataron de ver facer. Para min é unha muller dos pés á cabeza, unha verdadeira persoa que traballa para os cidadáns, pero fóra de Madrid non ten moita puxanza, e Madrid non é España, é parte dela.
Recuperar a influencia perdida en comunidades como
O País Vasco, Cataluña e devolver ó único partido que traballou en serio e con responsabilidade
pola nosa terra á Xunta de Galicia, o Partido Popular, vai a depender das políticas polas que se aposten e a intención que haxa de contar con todos. Perdón, no idioma progresí
hai que dicir todos e todas.
Frente a exclusión, integración e constitucionalismo. Frente á radicalidade, moderación, diálogo e principios.
O BNG é un rival, non un enemigo. Pero hai que dicir que é un e quen é o outro.
Rajoy ó mesmo que xa dixen nun artigo que me gusta moito e que fixera xa algún tempo coa foto de Suárez "
"El centro-reformista es el futuro" mantén que o centro non é unha ideoloxía, senón unha actitude.Ser de centro non é abandoar o ideario do partido, senón fortalecelo cos principios
da moderación, do diálogo e da tolerancia.Algo perfectamente asumible por todos.Repito, por todos e todas.