jueves, 19 de junio de 2008

Artigo de Manuel Baltar, publicado en A Nosa Terra

La Junta de Galiza, por Manuel Baltar.

Na edición dixital de A NOSA TERRA (http://www.anosaterra.org/nova/la-junta-da-galiza.html)

Outra fin de semana de portadas dos xornais con Anxo Quintana con sombreiro “panamá” bailando pasodobles –quen o diría!– logo dunha chocolatada pagada por esta inimitábel Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

A punto de “celebrar” os tres primeiros anos da “unión de feito” de socialistas e nacionalistas galegos que aínda non se puxeron de acordo nin en como lle chamar ao noso país. É certo que a única denominación lexítima é Galicia, para iso están as leis, pero Emilio Pérez Touriño non pode intervir neste debate porque é incompetente. Incompetente. Ten que limitarse a mirar para outro lado e asubiar. Desastroso.
Non importa que non aparezan as facturas da viaxe a La Habana, habelas hainas. E non falo do “anecdótico” da factura dos 400 mojitos (ou serán molliños?) ou da dos non sei cantos billetes de avión, en business class of course, da “embaixada” cultural que asistíu a esas xornadas de traballo en Varadero (perdón, Varadeiro).

Touriño tamén pasa de puntas por outro episodio da “guerra dos carteis” (vai camiño de converterse nunha triloxía) ante as declaracións do comercio galego avogando pola liberdade á hora de rotular os seus negocios (a primeira parte fora cando Darth Losada tivera aquel “incidente” coa policía autonómica). A realidade é que Touriño (¿ou Tourinho?) compareceu para falarnos da súa derradeira viaxe a Sudamérica (a do cartelito con Zapatero e bandeiras socialistas xunguido ao seu posto institucional) e os escanos dos nacionalistas do goberno estaban baleiros… Agás Anxo, claro, supoño que con ganas de intervir para arremeter –como fixo o voceiro nacionalista– contra outro exercicio de demagoxia e de cinismo político practicado polo creador da lingua con máis éxito nesta lexislatura: o touriñés.

Un touriñés que conta con vocablos tan ricos como “pisimismo”, “pasar holla”, “imposto de succións e donacións” ou “ustede” e “xacabeo”. Un touriñés que posúe unha verba específica para referirse á nosa terra. Nin a Galicia oficial, nin a Galiza ilegal nin mesmo a Gallaecia que figura na xenial vidriera de Díaz Pardo no hemiciclo da Cámara galega.

O axeitado sería dicir, como xa se lle ten escoitado a Emilio Pérez, “Galucia”. Sí señor “La Xunta from Galucia”. Así estamos, asistindo cada novo día a polémicas estériles xeneradas por un bipartito que nin sabe dos problemas do país nin lles contesta.


A mellor sátira sobre a loita entre a Real Academia e a Xunta de "Gali-za", o idioma do Presidente, o Touriñés, e todo o que os votantes non saben.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Galiza ilegal?
que atrevida é a incultura.

( e de falar bo galego podes falar ti e tódolos curmáns de Raxoi, manda carallo..)