domingo, 23 de noviembre de 2008
Feijoo emociónase ante 600 xóvenes galegos
Foi o pasado sábado, no Mulstiusos do Sar con 600 xóvenes chegados de tódolos puntos do país.
Nunha intervención na que se presentou coma candidato ante o público máis novo de Galicia, como o son os xóvenes e, en concreto, 600 xóvenes de Novas Xeracións.
Moi entrañable, humilde, cercano e humano, recordou a súa etapa de mozo; as súas experiencias na administración pública; a súa infancia na terra onde o veu nacer, Os Peares; e certas situacións da súa familia que viviu moi de preto.
Alberto Núñez Feijoo conta coa unidade do seu partido, é un político que admiro, e que se logra trasmitir á maioría do electorado galego a súa confianza, os seus principios e as súas ideas dunha Galicia aberta, democrática, tolerante e libre, non lle costará esforzo chegar a San Caetano.
Mostrouse como é, como home da terra, do pobo, da xente, cun discurso abertamente integrador, galeguista, moderado e cercano.
Naceu nunha Galicia que non contaba con grandes servicios nin infraestructuras, unha Galicia que cambiou gracias ós gobernos de Manuel Fraga.
Pola Galicia que quere a maioría dos cidadáns, pola que voten, e non pola que se decida nos despachos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario