jueves, 6 de noviembre de 2008

Feito histórico


Hai que sinalar a enorme porcentaxe de participación e a intensidade da cita electoral americana, na que o demócrata Barack Obama saíu proclamado presidente dos Estados Unidos.

O resultado electoral pon de manifesto que o pobo americano quixo un cambio e que os responsables da crise e da desfeita en Irak non sigan a gobernar o país.

Para a maioría dos estadounidenses o cambio e o futuro empeza cun novo presidente e unha nova administración, de aí o récord histórico de participación que se rexistrou nestes comicios.
O pobo americano así o advertiu e o ratificou acudindo a votar masivamente para deixar claro que os gobernos responsables da crise económica e financeira non poden seguir xestionando os países.

Pola contra, apostouse por un líder forte, con carisma, que aporta seguridade e que sabe perfectamente por onde quere levar ao seu país, pola reforma social e por un proxecto económico que beneficiará máis ás familias que o anterior.

É un feito histórico que unha persoa afroamericana chegue á Presidencia da primeira potencia política e económica do mundo, despois de non ser detentadores de dereitos políticos ata apenas 50 anos.

Finalmente destacou a fortaleza democrática dos EEUU e lembrar que, “ao igual que en todas as democracias do mundo”, nos Estados Unidos “o que gaña goberna e o que perde está na oposición”.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Es igual que el otro. Amigo del lobby judío, la AIPAC e igual de capitalista ¿Has visto las fotos qué te he pasado con los rabinos? xD. No cambiará nada, o puede que a peor.

Anónimo dijo...

La gente solo se está fijando en su piel.