viernes, 28 de noviembre de 2008

En clave galega


Galicia! Nai e Señora,
sempre garimosa e forte;
preto e lonxe; onte, agora,
mañán... na vida e na morte!


Magnífico poema dun dos meus escritores favoritos na lingua de Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas.

As sociedades avanzan porque progresan as mentalidades.
As pasadas diferencias entre centralistas ou españolistas e autonomistas creoas xa superadas
. É perfectamente compatible a idea constitucional de España co sentimento de ser galego, e defender un autogoberno forte cun Estatuto de Autonomía coas maiores competencias para Galicia dentro do respeto á Constitución.

Hoxe ninguén cuestiona o dereito á autonomía de Galicia, tan só os intransixentes que seguen pensando en tempos pasados xa moi superados para todos ou os que o seu modelo político non pasa por Galicia, senón por Galiza, que para min non é o mesmo e non se asemella co actual no que estamos conformes a inmensa maioría dos galegos, cunha Galicia forte dentro de España.

Para min o que cómpre para Galicia é un galeguismo intelectual profesado por persoaxes como Cabanillas, Albor, Ramón Piñeiro ou mesmo Murguía para facer perpetuar mediante a defensa e a promoción activas, a cultura e a identidade propias de Galicia en todas as súas manifestacións (lingua e literatura, música, folclore, gastronomía, tradicións, etc).

É o único modelo posible, eficaz, integrador e responsable para garantir que o Galego, Galicia e a súa cultura sexan un sentimento libre e non unha imposición emanada dos políticos.

Galicia, Nai e Señora!

4 comentarios:

Gabitorren dijo...

Jorge, yo sinceramente creo que no hay debate alguno.

En Galicia no había debate hasta que estos señores del PSOE dieron entrada a sus socios nacionalistas al Gobierno, hablan de su Galiza y lo único que hacen es imitar a Cataluña, en todo lo malo eso si.

No hay complejos, soy Gallego, so Español y es más hablo lo que me da la gana.
Por eso inventamos el CASTRAPO, orgullosos que teníamos que estar.

Saludos Jorge

Anónimo dijo...

boas, pódome subir a este carro?

Rafa Cuiña

JORGE dijo...

Boas Rafa.

Claro que sí.
Unha honra que pases por este Blog.
Cando chegue o momento, dentro duns días... publicarei un artigo especial en referencia a un que tes feito ti sobre a idea de "Galicia, nai e señora" (as miñas felicitacións pola súa brillantez).

Creo que os dous nos entendimos ben, non?

Unha aperta!

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.