Onte celebrouse a sesión ordinaria do Claustro Universitario da USC.
Dende as 9 da mañá, non saímos ata preto das 4 da tarde.
Gardouse un minuto de silencio ás doce do medio día polo asasinato a mans de ETA dun empresario vasco, dun cidadán deste país.
Eu fixen a primeira intervención de AiD para criticar o ambiguo RD 1993/2007, polo que se establece a ordenación das enseñanzas oficiais (feito polo actual Goberno do Estado); para formular unha petición ó Reitor para que clarifique nun futuro a posición conxunta da USC para saber se os alumnos van a ter que sufrir unha drástica implantación como sucedeu co Plan do 2003, ou se hai a posibilidade de que aquela facultade que decida implantala progresivamente terá ese dereito. Xa que o noso Reitor, Senén Barro, mostrárase publicamente, primeiro, a favor da implantaciñon progrsiva, e logo a favor de implantalo de golpe, xa que cremos que son cousas que non supoñen unha solución á dúbida de se os alumnos que comezaron os seus estudos como unha licenciatura poidan acabala como tal.
Máis adiante producíronse as votacións par elixir ós diferentes membros das comisións, nas que tanto Luís Teira, Iago Seijo máis eu saímos elexidos en todas as comisións ás que nos presentamos, polo sector IV de alumnos de primeiro e segundo ciclo. Eu saín elexido en:
Comisión Electoral Central
Comisión de Normalización Lingüística
Comisión de Desenvolvemento Estatutario
Comisión titulacións e programas de estudos (Plan Bolonia)
AiD deixou claro nas súas intervencións que só van responder ante os intereses dos estudantes de Dereito en particular e de tódolos alumnos da USC en xeral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario