lunes, 29 de diciembre de 2008

Relato do que pasou entre os socios do BIPARTITO GALEGO ante o reparto do pastel eólico:


Representantes da Consellería de Medio Ambiente e de Política Territorial non só deciden abandonar “sen volta atrás” a Mesa de Valoración, senón que solicitan que sexa adxuntada a Acta da reunión, un escrito no que xustifican a súa decisión “porque non se garante a aplicación da normativa medioambiental básica”.

Representante da Consellería de Medio Ambiente nesta Comisión explica ese mesmo día a súa postura aos medios de comunicación: “Existen dúbidas sobre a seguridade xurídica do procedemento” e “Se ten atropelado un pouco a legalidade vixente”.

E por último, a Conselleira de PTOPT afirma que o “proxecto plantexaba dúbidas medioambientais” e que tampouco ofrecía “demasiada seguridade xurídica”.

O propio goberno recoñece que estamos diante do maior escándalo político de toda a lexislatura, pero esta vez, o maior escándalo político do bipartito vén acompañado dunhas enormes consecuencias económicas.

No hay comentarios: