domingo, 28 de diciembre de 2008

O ÚNICO QUE DEIXA O BIPARTITO AOS GALEGOS É UN GOBERNO DIVIDIDO, UNHA CRISE ECONÓMICA E, AGORA, UN ESCÁNDALO ECONÓMICO


A única solución que queda é parar o concurso, parar un escándalo económico e reiniciar, despois das urnas, outra vez, unha oportunidade perdida para Galicia que era inxectar diñeiro ante esta crise económica e a través dun concurso transparente, seguro e fiable.

O que está a pasar con este concurso é malo para as empresas, malo para os cidadáns, malo para a imaxe de Galicia e moi malo para os políticos.

Cando todo o Goberno está desconfiando entre si é evidente que Galicia ten unha enorme desconfianza no Goberno.

Cal é a razón que dentro dun goberno a metade dos seus compoñentes desconfien das actuacións da outra metade dos seus compañeiros de equipo?

O único que deixa o Bipartito aos galegos é un Goberno dividido, unha crise económica e, agora, -en relación ao concurso eólico- un escándalo económico, que beneficia ó amiguismo, ó clientelismo e ás empresas que terán un papel fundamental na financiación dalgún partido político na próxima campaña electoral.

Que sorte temos os galegos, que algún empresario vai cambiar 140 MW por un periódico ó servicio interesado duns políticos que demostraron ata o final desta lexislatura que o prometido cambio pasaou por mudar a unha rede clientelar sen precedentes.

Noraboa ó BNG polo seu "éxito" "eólico", salvación da patria nacionalista.

5 comentarios:

El Correo dijo...

http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/bng-resiste-gana/idEdicion-2008-12-27/idNoticia-379265/

Nel dijo...

Ola, Jorge, había que non entraba no teu blogue logo daquel peche pasaxeiro dalgúns meses. noraboa, logo, pola volta.

Pero realmente alucino coa túa versión, que non é nova pois é o que afirman Núñez Feijoo, Rueda..., de que hai tongo no concurso eólico. Aquí todo o mundo está a falar, en especial certo grupo mediático que leva 20 días en camapaña contra o BNG sen amosar ningunha (repito, ningunha) proba de tal escándalo, só especulacións. A parte gobernamental do psoe, que aprobou o decreto que regula o proceso en Consello da Xunta e posterior publicación no DOG, non dixo nada ata agora, e así como no Plano Acuícola Pachi Vázquez quedou calado agora parece que o eólico non vale.

Pero o que máis me sorprende é que os culpables do reparto de case 4000 megas (en suvesivas concesións) de potencia, o PPdG na época de Fraga, veñan agora con estas cousas. Se ao principio repartistes directamente ás grandes empresas do sector as concesións, se deixastes como norma xeral nas mans destas empresas o pagamento do cánon aos propietarios (por regra xeral menos do 1% anual), se non vinculastes as concesións ao desenvolvemento de proxectos industrias en Galiza, se se produciu unha clamororsa estampida dalgunhas empresas xaponesas, ameircanas e francesas que revenderon os parques, se a Xunta quedou sen porcentaxe da tallada eólica... Dime, como é posible que os mesmos que mal venderon (mal non porque ao fin e ao cabo todo caíiu no tecido empresarial da casa) esa riqueza enerxética (ás veces machacando ecosistema únicos como as turbeiras do Xisstral: agora feijoo non fala de problemas ambientais senón de corruptelas) faledes agora de tufo? Lembras cando o goberno en funcións de Fraga repartou polo método dactilar concesións hidroeléctricas entre achegados e amigos que, en ocasións, montaran unha empresa meses antes cun capital social de 6000€ e unha total falta de experiencia no sector? (falemos dos familiares dalgún político pontevedrés, de Paco Vázquez...).

Non o entendo. Está claro que un defende o partido dos seus amores (tamén estrutura de poder na que ansiades ter espazo no futuro próximo) pero hai límites. Dicídelle vós aos conserveiros, cooperativistas agrarios, ao sector da madeira de Lugo eao pizarreiro ourensáns que os seus proxectos, que se substentan en proxectos industriais comoa creación do tan ansiado grupo lácteo, cheiran a corrupción, a dedazo... e que habñia que deixar todo na man dos xa multimillonarios Ortega (ese que non deixaba que se fixeran comitñés de empresa en Zara) ou Jove (que o único que fixo bo -para el- foi desfacerse de fadesa antes do pinchazo pero logo da especulación de anos que salpica corporacións enteiras como a "popular" de Miño).

Explícalle aos propietarios que agora o canon se duplicou ou explícalle aos galegos que está mal que a nosa admon. reciba o 14% dos beneficios a través dos organismos creados no seu día polo PPdg como o Inega.

Realmente, non o entendo. E o tema mediático poderiamos deixalo para outra ocasións. Seica a prensa galega, esa que subsiste grazas a un sistema de subvencións posto en marcha habilmente por Fraga, nunca tivo cores políticas.

Nel dijo...

Descupa/de poos erros... escribín ás présas. E aproveito para me despedir.

Saúdos

Jorge Cubela dijo...

Benvido outra vez Nel, xa dicía eu onde se metera Tevye e Nel que non daban señais de vida! ejeje

Mira, non vou dicir que todo o que eu defendo é a miña verdade absoluta e que cada un tenque defender ós seus, cousa que non comparto, porque eu non estou dacordo en todo o que defende e fai o pp como xa din mostras por este Blogue.

Pero é que o do concurso Eólico cheira moi mal. Tes que recoñecer que se o outro partido da Xunta néase a respaldar dito proxecto é porque hai un reparto de intereses abisal.

Senón le o que sinxelamente pon a secretaria xeral das xuventudes socialistas sobre o tema cunha foto e unha frase moi ilustrativa

http://blogdeloli.blogspot.com/

Penso que o remate final desta lexislatura cun tema tan cheirento non é porque as cousas se fixeran ben, senón mira o seguinte artigo que fixen sobre isto, dando conta das actuacións dos membros da comisión.

Unha aperta e feliz aninovo.

Nel dijo...

O dito, son declaracións do socio-competidos non avaladas por datos obxectivos. Cando se fan acusacións tan graves nun concurso de tal trascendencia sen dar datos contrastados que boten luz sobre supostos feitos escursos encóbrese, na miña opinión, unha estratexia política que nada ten que ver co concurso en si. Cando ademais está solapada, posta a resgardo ou aproveita o rego aberto por un grupo mediático que ante a saída dunnovo xornal monta unha campaña case persoal contra o videpresidente non se fai moi crible.

A declaración de intencións de Núñez Feijoo, que disque vai anular todo se chega á Xunta, resultaría risible senón fose porque el foi parte do goberno no que se adxudicaron licenzas en materia enerxética a amiguiños. E coma se o Padriño dixera que vai rachar o borradorda declaración de facenda porque lle sae a pagar e que a vai facer el mesmo.