viernes, 19 de diciembre de 2008

Gracias, por Iván Arias, Secretario de AID

Aquí vos deixo a análise electoral e da campaña que fai o meu Secretario, un bo home e unha boa persoa, traballador, firme nos seus principios e orgulloso de ser da mariña lucense.

Gracias.

Vintecatro horas despois de coñece-los resultados das Eleccións a Representantes á Xunta de Facultade de Dereito, é hora de facer seria reflexión sobre o acontecido
.


Primeiramente hai que da-las gracias. Gracias, e moitas, a todo aquel que acudiu a votar, e máis aínda, a todos aqueles votantes que o fixeron por AiD. So deles dependeu o éxito destas eleccións, tanto para nós como para a totalidade da Facultade. Non se recorda tal afluencia de xente a votar. E non se recorda unha maioría tan ampla. Gracias, polas veces que sexan, a todos e a cada un dos que se achegou á furna co seu voto para AiD.Gracias.


En segundo lugar habería que analizar o por qué do resultado electoral. AiD é unha asociación demasiado recente como para ter tal raigame, sen embargo, tena. E iso é abraiante. Pero non é máis que un froito. O froito do traballo desinteresado, da seriedade continua, da fidelidade á palabra dada, da lealdade ós demais compañeiros da facultade. Escribo estas liñas metido entre un feixe de papeis da asociación, uns resoltos, outros por resolver, e facendo un oco no medio do traballo para deixar, antes das vacacións, resoltos varios temas que se precisan para a boa marcha de AiD, e por extensión, da Facultade. Fago isto sen ánimo ningún de beneficio privativo e propio, despois de termos hoxe unha Xunta de Facultade onde xa se comezou a xestar unha nova normativa de cambios de grupo, onde se falou das infraestructuras que esta casa precisa para adaptarse ó estilo boloñés... tantas cousas; pero por riba diso está o empeño en demostrar que un bo traballo continuado, da, como froitos, unha fonda raigame entre os compañeiros.


A cercanía e a confianza. AiD non naceu para estar nunha nube. Lembro quen me dicía que os Representantes do Alumnado estabamos aí para aproveitarnos persoalmente de fantásticos medios que as universidades poñían ó noso dispor. Lamentablemente esa Universidade non debe ser a de Santiago, xa que o ordenador de AiD rondará a decena de anos, e escribo e publico este breve post dende o meu. AiD non naceu para iso, senón que naceu para estar cerca dos problemas de tódolos nosos compañeiros, que diariamente acuden á Facultade e atopanse con que lle asignaron un grupo de docencia ó que non pode ir, ou que incluso na fotocopiadora lle cobran as grapas. AiD naceu para defender non só intereses de alumnos concretos: naceu para defende-los intereses do alumnado, de todo o alumnado, e tamén, os seus dereitos.


Antes de irrumpir nesta facultade había representación estudiantil, pero esta viámola dende lonxe. Era sumamente turbadora, incluso violenta en casos. AiD veulle a dar un cambio á representación dos estudiantes. Diálogo, respecto mutuo, firmeza, lealdade, transparencia, claridade, información, solidariedade, comprensión... con iso comezamos a funcionar, sen subirnos á parra. Sabemos que estamos aquí non por nós, senón que por que o noso traballo acabou gustando e fostes vós, compañeiros todos, os que votastes. Dependemos directamente do alumnado. E por iso só nos sentimos vinculados polo seu mandato, sen ter que responder ante ningún terceiro, nin estar condicionados por ningunha dirección exterior que nos induza a fins alleos ou extraños ó ben dos estudiantes desta facultade.


Unha diferencia notoria de votos fixo que nos situasemos á cabeza no reconto de votos. Teño que dicir tamén que estou canso, física e psíquicamente. Foi esta unha campaña moi dura. Máis dura, incluso, que a anterior. Tivemos que ler panfletos e cartaces que se referían a nós, feitos de xeito tan torticeiro que se solapaba a súa publicación coa xornada de reflexión. Fomos obxecto de anticampaña. A petición do voto dalgunha das outras candidaturas converteuse nunha petición de ausencia de voto a AiD. E nós debemos ser un tanto parvos, xa que non atacamos. As nosas sensatas propostas, que se poden realizar, foron usadas para intentar denostarnos; e substituídas por ilusións que inducían ó engano intencionado. Por todo isto creo que preciso das vacacións de Nadal para repoñerme algún tanto.


Se nalgo, tamén, teño que incidir, é no agradecemento a todos vós, compañeiros. Porque demostrastedes co voso voto, co voso comportamento, un sentido común fóra do común. Porque non vos deixástedes enganar con propostas sensacionalistas, porque créstedes en nós cegamente e nos déstedes, unha vez máis (e ogallá sexa a segunda de moitas) un voto de plena confianza. Un agradecemento serio, e aquí se me complica máis a cousa, é, agora, a necesidade que temos de levar a cabo as nosas propostas e de seguir traballando por todos vós, alumnos de Dereito. Por todos vós, e pola USC no seu conxunto. Seguir traballando con rigor, con academicismo, con firmeza, con seriedade, con ilusión, con cercanía, con amabilidade. Nunca, por principio, insultaremos a un compañeiro. Nunca o forzaremos a tomar unha decisión persoal. O beneficiario do noso directo traballo é o estudiante, e sería totalmente inmoral sermos, en lugar dunha axuda, unha traba, un impedimento.


Non me quero extender. Quero, con un pouco de sentido común como ese que foi ás furnas onte, 17 de Decembro, darvos, de novo, as gracias.


Bo Nadal, e verémonos en Xaneiro.


Iván Arias

1 comentario:

Anónimo dijo...

Espero que non vaiades ás "furnas" senón ás "urnas".