domingo, 8 de febrero de 2009

Faladoiro: Maria Seoane, Iria Aboi e Loli Rodríguez



Neste primeiro falouse da campaña de cada partido; da Lei inexistente de mocedade; da suba das taxas feita polo Goberno (xa moi denunciado neste Blog); e as medidas económicas ante a crise económica.




Falouse das novas tecnoloxías empregadas polos diferentes partidos políticos que compoñen o arco parlamentario galego; programas electorais; etc.

Recoméndovos ver estes vídeos. Son moi seguidor dos debates na cadena Correo de Santiago e este é un dos mellores que teño visto entre as líderes das formacións político xuvenís de Galicia.

Cada unha cos seus argumentos, por fin falouse da Suba das Taxas feita por este goberno, que chegan ata un incremento do 7%, no que María Seoane estivo moi contundente, e que Loli Rodríguez (XSG) xustifica pola crise económica (non logro a entender este argumento, cando o escoitei quedeime petrificado), é dicir, a máis crise máis impostos; da inexistente Lei de Mocedade tan prometida por este Goberno; do Plan de Bolonia no que tanto Iria Aboi como Loli Rodríguez nin sequera comentaron; e a confusión de Iria Aboi da xestión de Correos coa Lexislación Electoral pola que os emigrantes non poden votar en urna, no que María Seoane estivo moi rápida deixándoa sen argumentos; e a limpeza da política defendida por María Seoane ante o despilfarro das sillas de Oxford, do coche fantástico, do "despacho oval", etc.

7 comentarios:

Miguel A. dijo...

Estivo contundente no que se refire aos xóvenes.

Anónimo dijo...

uMMMMMmmm Iria.........

Galizo dijo...

A única que sabe falar en galego e defender a Galiza é Iria; foi a única elexida contra outra candidatura. En Galiza N hai democracia.

Arias dijo...

Arias.

Recomendada lectura a do artigo de opinión que hoxe sae na Voz de Galicia, intitulado "Yo Protesto", da autoría do intelixente Presidente e Editor do Xornal, Don Fernandez-Latorre.

Por outra parte, estou bastante desencantado con estas eleccións. Como estamos en crise, anticipan boa publicidade na precampaña. Mágoa de vendaval pasado, non volvese hoxe e levara o demo todo. Pero en fin, máñá será outro día, e vento virá que parta todo un raio. Só digo que xa repugnan.

Engadido a isto, os señores candidatos son insulsos, anódinos, sosos, e a súa política é bastante pedestre. Por non dicir que estamos caendo, de novo, en grandes erros, magníficos despilfarros, glamurosos proxectos, e retorcidas adxudicacións, contratos e outras marabillas que por estas latitudes son cousa corrente e ordinaria.

Non obstante algún destos tres príncipes ha saír presidente, e mellor dito, para protesta (e non entenderei nunca, sorpresa) de Doña Aboi, entre Touriño e Feijoo anda a cousa. A Touriño eu entendo que o cocen entre varios garamantas que ten ó redor, e Feijoo paréceme que é un bo home que caeu nese sitio por casualidade e de cando en cando ten que dicir que anda por ahí. Ningún é un político con gancho, que ó oílo falar diga un: "caramba, este señor merece o meu voto"; e por iso, por moita preparación que teñan (Touriño creo que e profesor, ou catedrático, de Economía Política, ou algo así, semellante e no mesmo departamento que Don Beiras Torrado; Feijoo é Licenciado en Dereito, curtido na administración pública ocupando bos e importantes postos). Dicía Blanco Valdés que botaba en falta políticos semellantes ós da transición. Paco del Riego, hoxe tamén, na Voz, que non había políticos en Galicia da talla daqueles da Segunda República (Otero Pedrayo, Villar Ponte, Castelao...) e dos cales houbo algún despunte, tamén, na Transición.

Estas tres señoras reflicten un futuro político para Galicia que é o contínuum do que hai. Isto é: posicións enconadas en esquinas definidas por un partidismo galopante; e a falta de reflexión e crítica tan necesarios nun político, que, por riba, case sempre pasou por unha boa academia (léase Universidade) e que tal período parece que non lle aproveitou nin o máis mínimo.

Críanse en partidos, véxase Doña Aído, Ministra de Igualdade e Igualdada, sen un contacto real, e menos unha análise (que será iso da análise) da cousa pública; pensando que a política é aquilo que se fai nun parlamento e que queda alí, metidiña, coma dentro dunha saqueta. Pero non é así. E dúas cousas son, por tanto, precisas, e que, se estas tres señoras fosen dóciles e sensatas, habían de tomar o que vou dicir coma gran consello:

A primeira: o político debe estar atento á realidade política, isto é ó réxime constitucional e de poder público da súa Autonomía, Estado, ou palabra que implique relevancia xurídica. E ten que actuar niso con gran consecuencia. ¿Fíxose isto nos últimos catro anos? Non, e parecía que o BNG tendía a iso, é dicir, á reforma estatutaria, que non se move nin a tres tiróns; causando estupor que Comunidades Autónomas coma Valencia, desas que son sucedáneo das verdadeiras autonomías, teñen Estatuto moderno, con dereitos subxectivos e todo, para os seus cidadáns. Agardando estamos, con suma impaciencia, a sentencia do TC acerca do Estatuto Catalán.

A segunda: o político debe estar ó tanto da realidade social, e léase social como o sentir da xente desa que andamos a pé tódolos días do Noso Señor. E que hai crise, e que me quedo sen traballo, e que para operar ese sarabullo que me saíu no cu teño que agardar dous anos porque me din que ata que me coma o sarabullo non teño perigo, e que a estrada que vai de Vilatorta a Cuspedriños ten unha fochanca no kilómetro tres e un cuarto... E como o político goberna nos cartos da Res Pública, ten a obriga de satisface-las necesidades verdadeiras da xente, de modo que non sexan pan para hoxe e necesidade para mañá. E niso temos bo exemplo: o Goberno mete cartos ós bancos, polo furado de atrás, para que dean á xente. E o que causa rubor ó máis pintado é que eses cartos públicos só serán prestados mediante o consabido xuro (interés), polo que custará cartos ó consumidor dos mesmos. Parello a isto, aqueles que precisan dos cartos (PYMES, familias...) vense no feche ou no paro, sen poder lograr que lles presten ¿como lles van prestar se non terán nin para devolver nin para pagar? O Goberno veu crise, coma quen ve que ten goteiras, e en lugar de lousar, abre o paraugas dentro da casa, ou mellor se bota fóra, porque dentro chove. E fóra tamén. E o problema máis grave (que os bancos non prestan porque teñen medo que non lles devolvan) non se solucionou porque o medo persiste. En lugar de aumenta-la solvencia dos pequenos operadores e factores económicos, dicímoslle ós bancos que non teñan medo, que aí lles vai un fondo para que estean cubertos. Vese, por tanto, con este exemplo, que o Goberno non atendeu ás necesidades primarias da sociedade, senón que a unha hipotética necesidade da Banca, que é a solvencia propia, e que terían que ter se honrados fosen. E iso é o que non deben de facer esas señoras falantas, que queren ou pretenden, ou teñen visos, de ser políticas.

E para que tomen o meu consello, atendan a estas dúas cousas. Á xente non lle importa que o Galego estea en extinción (eu non sei onde o está, o que sei é que hai moito idiota solto, que emprega a língua como arma, e non como ferramenta, que é o que é); nin lle importa que o Conselleiro de Festas e Pandeiradas se sente nunha táboa rasa, ou nun xergón de pelo de rato (probablemente teña o mencionado conselleiro tan duro o cu coma a cara). Impórtalle máis ben que poda achegarse ó médico ou ó xulgado falando galego e alí o entendan ben; que lle deixen ir á Misa o Domingo sen que o insulten; ou que a estrada que ten sexa a mesma que a que tería en Madrid, Cataluña ou Euzkadi; que non o mareen con contribucións e impostos por encher un papeliño para ver se pode meter a cabeciña na administración de funcionario, aínda que sexa do grupo Z. O que lle importa á xente está claro; e iso conséguese con vontade política (Constitucional) e política (Social).

Pero non só a nivel Galicia: tal como está configurado o noso sistema Constitucional, é preciso meterse de cheo en Madrid e, todos a unha (-¿Quien mató al Comendador? -¡Fuenteovejuna, señor!)reclamemos, non o que nos debe Madrid ou España (entendo que non nos debe nada) senón o que é noso por propio dereito, e invocando o artigo 9.2 CE; porque tan iguais somos que o resto de Españois e queremos ter as mesmas cousas, así custen máis, que por algo pagamos. ¿Non é?

Preséntasenos, por tanto, un proceso electoral que xa vai cansando. Algo debe de ter ou dar Monte Pío que todos queren ir vivir alí (é moi venteado para o meu gusto, aínda que lle da ben o sol e ten boas vistas). Creo que isto é coma o xarampón, que canto antes pase mellor. O malo é se imos a estar con estas cada catro anos. Para facerse anarquista, vamos.

Un saudiño,

Jorge dijo...

CORRUPCIÓN EN MADRID Y EN GALICIA, EL ESTILO DEL PP

Jorge Cubela dijo...

Buenas Jorge,

gracias por pasarte por aquí, aunque sólo sea con una frase difamatoria.

De momento son personas concretas que llevan muchos años apartados del partido, por lo que sus actos sólo demuestran lo que esas personas son, no el PP.

Por otra parte, los casos más graves de corrupción fueron protagonizados en su día por el caso Filesa, la apropiación de fondos públicos para los fondos reservados de los Gal, los socialistas Corcuera... Roldán... y muchos otros que disfrutaron de las dependencias penitenciarias de sistema.

Un saludo

ROA dijo...

Jorge, te pillo este articulo para poublicarlo en la página de nuevas de Pontedeume, vale??

Espero que no te importe.

Un abrazo