viernes, 13 de febrero de 2009

Que non nos den leccións de moralidade

Poucos políticos conseguen facer historia. A maioría transitan por ela, deixanse levar polos acontecementos e se conforman con facer pequenas aportacións que o iempo irá disipando.

A moitos se lles enche a boca falando de recetas morais moi cuestionables. Outros tantos soamente se dedican a recordarlle ó veciño o que deixou de facer ou o que malamente fixo. A isto se dedicaron estes homes e mulleres tan "honrados" e transparentes que temos no goberno municipal de Pontevedra, de Vigo, de Cotobade, de Cangas, de Ourense, etc e máis no Goberno da Xunta de Galicia, presidida por Touriño e mandada por Quintana, un matrimonio político de moda, o dos bipartitos.

Eu nacín, vivo e gustaríame que algún día moi lonxano me enterrasen en S.Xurxo de Sacos, Cotobade, porque é o sitio onde os meus pés aprenderon a camiñar, a xogar e a coñecer Galicia, e gustaríame que agora eses que van de defensores do prgreso dende o goberno máis cacique, clientelar, que máis contratos deu a dedo, aproveitado e nefasto que tivo o concello se atreveran a falar da nulidade á hora de xestionar recursos, ir a pedir investimentos ou outras cousas incomprensibles que padecen os veciños do concello que máis canteiros deu a Galicia.

Fago vida en Pontevedra, síntome pontevedrés dende que nacín, e gustaríame ver como estes "gloriosos" concelleiros de Facenda explicarían ós veciños cómo se pode seguir negando e mintindo nas débedas por 8 millóns de euros que ten o Concello; como se pode explicar ó rural que o concello pode alugar irresponsablemente un baixo no centro da cidade para non darlle uso e que o 80% das zonas en que viven aínda non dispoñen da execución do saneamento prometido por un convenio que se firmou dúas veces polo Conselleiro do ramo e o concelleiro do rural, o señor Valcárcel. Que opinan os veciños de Salgueiriños, a Pasarela, Pedra do Lagarto, Sta. Clara do seu abandono?, como nos explicarían o Señor Lores e a Señora Casal que a Xunta nos tumbe proxectos como a ponte que uniría MontePorreiro con Lérez?

Que poden opinar tódolos galegos do despilfarro, dos luxos, das ostentacións e da falta de principios cívicos do gabinete da Xunta de Galicia?, que pensará esa xente que vivía do monte e segue sen cobrar as famosas axudas prometidas (cando os canarios sí as recibiron) pola peor catástroge ambiental e destrucción de ecosistemas da nosa historia, superando ó Prestige?, que consideración lle merecen ó Presidente da Xunta dez mil galegos que son contratados antes das eleccións para limpar cunetas e que despois irán á rúa?

Que pensarán as familiar que teñen a tódolos seus membros no paro e nun futuro moi incerto?, que lles estará pasando polas cabezas a esos xóvenes que acaban de construir un fogar e que non teñen axudas para as súas hipotecas?, toda esa xente que confiou en Zapatero no tema do AVE, do pleno emprego, das axudas ás familias...?

Moita xente pensa que hai que botalos.

No hay comentarios: